5 de set. de 2017

A GUARDA

COMUNICADO CLUB BM. ATL. GUARDÉS



 El Club Balonmán Atl. Guardés, ante las informaciones publicadas en el día de hoy con respecto al partido Mecalia Atl. Guardés-Godoy Maceira Bm. Porriño, manifiesta que:
 El Club Bm. Atl. Guardés notificó en los plazos correspondientes a la Real Federación Española de Balonmano que el partido entre el Mecalia Atl. Guardés y el Godoy Maceira Balonmano Porriño, correspondiente a la jornada 3 de la Liga Loterías de División de Honor Femenina, se disputará el sábado 23 de septiembre a las 20 horas en el Pabellón de A Sangriña.
 El Club Bm. Atl. Guardés comunicó de igual modo que dicho encuentro sería retransmitido por la TVG, motivo por el cual se modificaba el horario habitual de los partidos del Mecalia Atl. Guardés.
 El Club Bm. Atl. Guardés descarta la posibilidad de que el encuentro entre el Mecalia Atl. Guardés y el Godoy Maceira Bm. Porriño vaya a celebrarse en otra pista diferente a la del Pabellón de A Sangriña.
 El Club Bm. Atl. Guardés pone de manifiesto, una vez más, que las condiciones en las que se encuentra la instalación deportiva del Pabellón de A Sangriña podría privar a la entidad de la retransmisión televisiva de sus partidos dadas las carencias de la pista o zonas delimitadas a tales efectos.
 El Club Bm. Atl. Guardés se encuentra a día de hoy en conversaciones con los representantes políticos del Concello de A Guarda para acometer en el menor tiempo posible las mejoras necesarias para que los partidos de la Liga Loterías DHF 17/18 puedan ser retransmitidos en condiciones óptimas:
-Lijado y pintado de la pista del Pabellón de A Sangriña.
-Acondicionamiento de una zona delimitada para la instalación de las cámaras de televisión (cuatro en total).
El Club Bm. Atlético Guardés, tras las conversaciones mantenidas con diferentes empresas que podrían llevar a cabo dichas mejoras, fijan los plazos de trabajo entre los 7 y 10 días.
 El Club Bm. Atlético Guardés, en caso de que dichas carencias no sean solventadas en los plazos exigidos, se vería en la obligación de comunicar a la Real Federación Española de Balonmano la imposibilidad de que los partidos disputados por el Mecalia Atl. Guardés en A Sangriña sean retransmitidos por otros canales diferentes a la televisión autonómica, quien en su caso no exige una apariencia visual de la pista concreta ni realiza un despliegue de cámaras tan elevado.
 El Club Bm. Atlético Guardés confía en llegar a un acuerdo con el Concello de A Guarda para que las mejoras del Pabellón de A Sangriña sean acometidas de manera urgente y poder asegurar para la entidad la retransmisión de sus partidos a nivel nacional, con el aumento de visibilidad y repercusión que esto supondría.
 Junta Directiva Club Bm. Atl. Guardés

CASTRO DE REI (LUGO)

O Museo do Castro de Viladonga estrea páxina web con visitas virtuais ás súas salas e imaxes tridimensionais da colección 

A Amtega e a Consellería de Cultura e Educación poñen en marcha o portal viladonga.xunta.gal para favorecer o acceso cidadá a este legado arqueolóxico

A Xunta de Galicia renova tamén a web e as apps de cultura.gal co obxectivo de facilitar unha navegación máis accesible desde móbiles e tabletas 

Captura de imaxe da páxina web do Museo do Castro de Viladonga

Infogauda / Castro de Rei (Lugo)

 O Museo do Castro de Viladonga estrea páxina web e faino cun portal que permite realizar un percorrido polas súas salas de exposición permanente e acceder ás pezas máis destacadas da colección, a maioría en formato tridimensional en movemento realizadas mediante fotogrametría ou xiro 360º, o que permite contemplar os obxectos desde todos os ángulos.
 A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poñen en marcha a páxina co obxectivo de enriquecer a experiencia que supón a visita ao complexo, ofrecer información completa sobre as súas coleccións e contidos, así como dar a coñecer entre a cidadanía o labor que vén realizando o museo.
 Baseado nun deseño visual e adaptativo, o web abre cun vídeo que ofrece unha imaxe aérea de toda a estrutura do castro. Destaca no portal o apartado multimedia, con vídeos sobre a historia do castro, o seu contorno natural e as escavacións realizadas en anos anteriores. Este material audiovisual complétase cunha galería fotográfica arredor das actividades desenvolvidas no museo, así como da fauna e da flora do castro.
 O portal tamén inclúe un enlace que dá acceso ao catálogo dixital das coleccións do museo xestionado pola Xunta de Galicia, na Rede Dixital de Coleccións de Museos de España Rede Dixital de Coleccións de Museos de España (Ceres).
Ademais, a páxina web está deseñada para facilitar a navegación desde móbiles e tabletas, cun deseño “responsive”, baseado en estruturas e imaxes fluídas que se adaptan ao tamaño da pantalla desde a que se visita a páxina.

 Renovación do portal de Cultura

 Este deseño adaptable para o seu uso desde dispositivos móbiles xa está tamén dispoñible para a páxina web de Cultura de Galicia. Entre as melloras que incorpora o novo sitio web da Secretaría Xeral de Cultura, que lle outorga maior protagonismo ás imaxes, acorde coas tendencias actuais, destaca a personalización de eventos da Axenda de Cultura de Galicia, así como a posibilidade de ampliar información dispoñible sobre cada actividade, ao tempo que se facilitan os criterios de busca.
 A renovación da web cultura.gal garante un acceso máis universal aos contidos desde calquera tipo de dispositivo, acorde co impulso dos servizos web en mobilidade e a adaptación das webs a esta demanda para facilitar unha navegación máis accesible, cómoda e satisfactoria para os usuarios e as usuarias.

VIGO

O presidente da Xunta de Galicia visitou esta mañá as instalacións do novo quirófano, un dos primeiros dez de toda Europa 

Feijóo destaca que a posta en marcha do primeiro quirófano híbrido de España no Hospital Álvaro Cunqueiro permitirá unha cirurxía máis rápida, segura e precisa 

Avanza que nas próximas datas o hospital público da Coruña incorporará un equipo coma este

Subliña que os procedementos que permite rebaixarán aínda máis o risco e a duración deste tipo de intervencións cunha cirurxía menos invasiva e ofrecerán unha imaxe de altísima calidade ao multiplicar por sete a potencia dos equipos portátiles

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no quirófano híbrido do Hospital público Álvaro Cunqueiro, de Vigo

Infogauda / Vigo

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a posta en funcionamento do primeiro quirófano híbrido de España no Hospital público Álvaro Cunqueiro de Vigo, e un dos dez primeiros de toda Europa, permitirá levar a cabo unha cirurxía máis rápida, máis segura e máis precisa.
 “Estamos a falar do quirófano máis complexo e avanzado de todos os que hai en España”, dixo, subliñando que os procedementos que permite rebaixarán aínda máis o risco e a duración deste tipo de intervencións cunha cirurxía menos invasiva e ofrecerán unha imaxe de altísima calidade ao multiplicar por sete a potencia dos equipos portátiles.
 Así mesmo, a través dunha pantalla panorámica, os cirurxiáns poderán recibir imaxes en tres dimensións, realizar un mapa dinámico do sistema circulatorio do paciente e combinar a imaxe radiolóxica con outras obtidas por escáner, resonancia magnética ou ultrasóns.
 Durante unha visita ás instalacións do novo quirófano, Feijóo avanzou que nas próximas datas o hospital público da Coruña incorporará un equipo coma este e resaltou que, dous anos despois do inmenso desafío técnico e organizativo que supuxo a apertura do Hospital público de Vigo, con este novo equipo se reforza a calidade da súa atención sanitaria. Unha atención que, segundo as últimas enquisas, os usuarios valoran cun 8,6 sobre 10.
 Feijóo concluíu afirmando que coa incorporación de equipos de alta tecnoloxía pioneiros, como este quirófano, o Hospital público Álvaro Cunqueiro segue reivindicándose como un dos mellores centros sanitarios de España. “Estamos ante o hospital máis completo que nunca fixo o Servizo Galego de Saúde e un dos máis importantes de España”, aseverou, lembrado que a sociedade galega foi capaz, durante a recesión económica, non só de manter unha sanidade pública excelente senón que foi capaz de incrementala e mellorala.
 O presidente da Xunta garantiu o compromiso de seguir apostando pola Sanidade: finalizando as obras dos hospitais e dotándoos de nova tecnoloxía, facendo novos centros de saúde e diminuíndo os tempos de espera cirúrxica.

A GUARDA

A CASA DOS ALONSO ACOLLE A EXFIMIÑO, 2017

A mostra filatélica que conmemora o 50 aniversario da marca EXFIMIÑO, poderá visitarse ata o domingo día 10 de setembro

De esq. a der.: Joaquín Miguel Villa Álvarez, Luciano Lomba Vicente, Valentín Suárez Alonso, Antonio Lomba Baz, Monserrat Magallanes Álvarez e Elena Baz Rodríguez, no acto de apertura da EXFIMIÑO, 2017
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde a tardiña do luns día 4 de setembro, a Casa dos Alonso, na Praza do Reló, acolle a Exposición Filatélica EXFIMIÑO, 2017, que organiza a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG).

 No acto de apertura, que contou coa participación do presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), Valentín Suárez Alonso; do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; da deputada provincial de Emprego, Monserrat Magallanes Álvarez; da concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez; do historiado Joaquín Miguel Villa Álvarez; e do presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG), Luciano Lomba Vicente, así como de recoñecidos filatélicos do Rosal e da Guarda; membros da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, directivos de varias entidades culturais e sociais, e por suposto, veciños de A Guarda; deu á benvida a tódolos presentes, o presidente da SFNG, Luciano Lomba Vicente, quen, en nome propio e de toda á xunta directiva da SFNG, agradeceu o apoio recibido tanto do Concello como da Deputación de Pontevedra e de FEGASOFI. 

Vista parcial do respectable público que asistiu o acto de inaguración

 A continuación interviu Joaquín Miguel Villa Álvarez, quen salientou o feito destacable de conmemorar 50 anos dunha marca filatélica - EXFIMIÑO -, creada pola SFNG, sendo presidente da Sociedade Filatélica e Numismática, Francisco Sobrino Rodríguez; e que desde o ano 1967 ven sendo empregada nas exposicións filatélicas que organiza periódicamente a SFNG. 

 O activo historiador tamén salientou que o boletín da SFNG tamén se denomina EXFIMIÑO.


Villa Álvarez - a esquerda da imaxe - na súa disertación

 Na súa intervención, Villa Álvarez fixo fincapé nunha idea, fundamental, para á supervivencia de calquer entidade, neste caso da SFNG, e dixo que se trata de unha sociedade con un obxectivo - a filatelia - e que o longo dos tempos contou con dilixentes directivos. Así, namentras outra entidade - a Sociedad Pro-Monte Santa Tecla - está a piques de desaparecer, precisamente por haber acadado seus obxectivos fundacionais, e levar preto de 40 anos sen actividade; a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa amosa unha actividade constante e continuada no tempo, factores fundamentais para súa pervivencia.

 Logo de Villa Álvarez, o presidente da SFNG cedeulle o turno de palabra o presidente de FEGASOFI, Valentín Suárez Alonso, quen ademais de saudar a tódalas representacions institucionais, felicitou a SFNG por esta nova EXFIMIÑO, na que participan algunhas das mellores coleccións filatélicas existentes en Galicia.

 Pola súa parte, a concelleira de Cultura, agradeceu o esforzo da directiva e membros da SFNG por todo o traballo que desenvolven o longo do ano, e dixo que é unha satisfacción poder colabourar desde o Concello de A Guarda, nas actividades que veñen desenvolvendo.

 A concelleira e deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez, tamén destacou a enorme labor que realiza a SFNG, e proba dela é esta EXFIMIÑO e tódalas que viñeron organizando en anos precedentes.

 E finalmente, sería Antonio Lomba Baz, alcalde A Guarda, quen - como xa o fixeran as persoas que lles precederon nas súas respectivas intervencions - felicitaría a xunta directiva e membros da SFNG, por haber levado a bó termo esta EXFIMIÑO, 2017, e porque coa súa labor cultural, acreditan a vitalidade que posúe a SFNG, que o igoal que as demáis entidades existentes no termo municipal de A Guarda, demostran que a Cultura está moi viva no noso pobo, e que goza de boa saúde. Polo tanto, apoiar desde o Concello de A Guarda actividades como esta, é o que corresponde.

 O alcalde dixo tamén que a asistencia a este acto de apertura, sen ser moita, tamén é certo que non é pouca. Por iso reiterou que o movemento sociocultural do noso municipio está moi activo.




Cuño conmemorativo da EXFIMIÑO, 2017

 Logo das diferentes intervención, e coa colaboura de José Luis Franco Rodríguez, jefe da oficina de Correos de A Guarda, chegou o intre de pór en circulación un selo persoalizado coa imaxes dos monumentos existentes no Pico do Facho, no Monte Santa Trega, e un cuño conmemorativo da EXFIMIÑO, 2017, que a petición da SFNG, lle foi concedido pola Dirección de Correos, e cuxo orixinal - inspirado na portada do catálogo da II Exposición Filatélica que organizou o Grupo Filatélico Guardés e primeira EXFIMIÑO en 1967 - é da autoría do deseñador Ángel Pérez Álvarez. Tamén foi editado un sobre conmemorativo da EXFIMIÑO, 2017.


Posta en circulación do selo, cuño e sobre conmerativos da EXFIMIÑO, 2017

 Compre salientar que como ven sendo habitual nas exposición filatélicas que organiza a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG), tamén foi editado e publicado o número 38 do EXFIMIÑO, Boletín Informativo da SFNG, no que ademáis dde informar sobor dos filatélicos participantes nesta edición e das súas correspondentes coleccions que presentan, faise un interesante repaso as diferentes exposicións que organizou en edicións precedentes a SFNG. 

 En definitiva, grazas a labor da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG), a vila de A Guarda, é unha vez máis, un destacado lugar de referencia para tódolos afeccionados o coleccionismo filatélico.

 A exposición EXFIMIÑO, 2017 pode visitarse ata o día 10 de setembro, de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.. A entrada é de balde.

GALERÍA DE IMAXES

O ROSAL

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL


Agrupación Musical do Rosal  

 Ata o 15 de setembro permanece aberto o prazo de matrícula para o curso 2017/2018 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal  

 A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co código de centro 36000843 no rexistro de escolas de música.  

 As materias que se imparten son as seguintes:  

- Iniciación Musical (de 3 a 7 anos) 
- Linguaxe Musical (a partir dos 8 anos: 1º, 2º, 3º, 4º e 5º) - Solfexo para adultos 
- Harmonía
-Instrumento (impartidas por profesorado de cada especialidade): Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violoncello, Percusión, Piano, Guitarra, Gaita, Pandeireta. 

Agrupacións:  

Minibanda   
Banda Infantil   
Música de Cámara   
Coro Infantil (a partir dos 3 anos)   
Coro de Voces   
Coro de Adultos ​ 

 A escola ofrece descontos do 50% para os alumnos de 1º curso en instrumentos como Óboe, Fagot, Trompa e Violoncello e do 100% para Bombardino e Tuba.  

 As clases darán comezo o 2 de outubro, e realizarase unha reunión previa cos alumnos matriculados.  

 Para máis información poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986 626 311 ou 609 866 792

A GUARDA

Abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas anuais para adultos  



Infogauda / A Guarda

 A partir de hoxe, 5 de setembro, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)  abre o prazo de inscriciónnas actividades anuais de aerobic, pilates e multiximnasia, dirixidas principalmente á poboación adulta. Os horarios previstos das actividades son: 

Aerobic: martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas 
Pilates: martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas 
Multiximnasia: luns e mércores de 11:00 a 12:00 horas 

 Os prezos mensuais son de 20 euros para aerobic, 22 euros para multiximnasia e para pilates, 28,50 euros. 

 Para inscribirse, as persoas interesadas deberán dirixirse á OMIX do Concello da Guarda no seu horario de apertura ao público de 8:00 a 15:00 horas, chamando aoteléfono 986 614 546, ou ben a través de correo electrónico, dirixindo a súa solicitude a: información@aguarda.es

A GUARDA

ÉRGUETE BAIXO MIÑO ORGANIZA UN CURSO DE “PLANTAS MEDICINAIS”

A través do Programa “Depo en Marcha” da Deputación de Pontevedra


Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 O luns día 2 de outubro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa “Depo en Marcha” da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de “Prantas Medicinais”. Este curso está encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas, preferentemete persoas maiores de 50 anos, optimizando as oportunidades de saúde e de participación. Como obxectivos do curso destacamos:   

- Promover un espazo de encontro e de intercambio de experiencias. 
- Mellorar as relacións sociais, a participación e a cooperación. 
- Coñecer e diferenciar os tipos de prantas con capacidades terapeúticas. 
- Coñecer as ferramentas básicas para o desenvolvemento da actividade e as orixes destas técnicas e procesos. 
- Coñecer e aplicar as técnicas de semente, coidado, recolección e tratamento das prantas medicinais.    

 A duración do curso é de 30 horas, que se impartirán todos os luns dende o 2 de outubro ata o 18 de decembro, en horario de 18:30 a 21:00 h.  

 O custe do curso é de 6 € e o prazo de inscrición remata o 20 de setembro.

  Para máis información: 
 Asociación Érguete Baixo Miño 
 Rúa Colón, 20 
 A Guarda (Pontevedra)
 Teléfono: 986 614 407 
 Enderezo electrónico: info@erguete.org