28 de xuño de 2017

OIA

OIA PREPÁRASE PARA O FESTIVAL COSTA DOS CASTROS, 2017

Festival Cultural de Música e Patrimonio Histórico de Oia

Camiño da Costa

Datas: 7, 8 e 9 de xullo 2017
Lugar: Eirado do Mosteiro (Oia)



Infogauda / Oia


 O Festival Costa dos Castros nace da unión dos intereses de Costa dos Castros – proxecto de xestión do patrimonio, desenvolvemento turístico e rural no Concello de Oia – e a Asociación Minho Reggae; colectivo que conta con máis de seis anos de experiencia en produción e xestión de festivais e eventos musicais e deportivos, tanto en Galiza como Portugal, que apoia e fomenta a música, a arte e un estilo de vida consciente e respectuoso co entorno a través das diversas actividades culturais que desenvolve ao longo do ano.

 Os intereses de ambas iniciativas conflúen na produción dun festival de música, exaltación do Patrimonio local e promoción dos atractivos do Concello.

 Cun concepto e estilo musical concreto, o público achégase dende diferentes puntos da xeografía peninsular, motivados por una oferta cultural e de ocio alternativa, capaz de amosar e inculcar uns valores e principios que teñen os seus alicerces na cooperación, respecto á diversidade, patrimonio histórico, ecoloxismo e sustentabilidade.

 O eixo principal deste proxecto é , como o seu nome indica, a Cultura Castrexa, que tenta ser un nexo do patrimonio a cultura é a música e símbolo de unión entre diferentes pobos e diferentes culturas, amosando ao resto do mundo que unha das características dos galegos é o respecto e a unión sociocultural.

 O Festival Costa dos Castros é, en definitiva, un evento sociocultural centrado na música e nas representacións artísticas que mestura a distintos colectivos e asociación culturais de Galicia, entre outros, co fin de difundir o folclore e a súa filosofía.

 Concertos ao vivo, espectáculos artísticos, obradoiros, andainas, charlas, cantos de taberna, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público.

 Dirección
 O Festival Costa dos Castros é un evento xestionado pola Asociación Minho Reggae e o Proxecto Costa dos Castros, en colaboración co Concello de Oia, Acamo, Asociacions culturais do municipio, e pretende involucrar as diferentes administracions; Agadic, Patrimonio Histórico, Deputación
de Pontevedra, Xunta de Galicia,...

Obxectivos
 Os obxectivos son múltiples, tratándose dun Festival tan poliédrico no que se queren facer actividades moi diversas, para todas as idades e deslocalizadas, é dicir, con actividades cando menos nas catro parroquias da Costa dos Castros.

•Dinamización do galego.
•Crear e consolidar un Festival de música folk no contexto do Sur da provincia de Pontevedra.
•Valorizar a tradición oral como forma de transmisión dun coñecemento que esmorece e que debe ser recollido.
•Dinamizar o territorio dando a coñecer o seu potencial turístico mediante visitas guiadas.
•Dignificar as parroquias facéndoas partícipes do Festival.
•Fomentar actividades para toda a familia.
•Involucrar á comunidade local, fundamentalmente aos hostaleiros na creación de eventos culturais.
•Promover a música e o patrimonio e as artes así como a filosofía de respecto na que se fundamenta.
•Promocionar o Concello de Oia e o seu entorno.
•Ampliar a oferta cultural e aportar un novo reclamo turístico para Oia e toda a zona do Baixo Miño.
•Apoiar aos colectivos locais dedicados á representación artística a darse a coñecer.
•Fomentar a interrelación entre profesionais galegos de distintos ámbitos artísticos.
•Proporcionar ás bandas un espazo para que amosen o seu traballo.
•Ofrecer á poboación unha alternativa de ocio innovadora.
•Introducir á cidadanía no coñecemento de novas culturas a través de obradoiros feitos por artesáns e músicos galegos.
•Fomentar o ecoloxismo e o respecto á natureza a través de charlas e obradoiros.
•Fomentar e Potenciar o Patrimonio Historico da Zona.

Programa:
 Nestes últimos oito anos moitas foron as propostas musicais e culturais que ofreceu Minho Reggae para todos os asistentes, a os seus eventos. Dende actividades deportivas, obradoiros, e espectáculos de rúa, até concertos en directo e sound systems.

Dita programación está pensada para todos os públicos e sen límite de idade tanto polos horarios, posto que as actividades comezan dende media mañá até ben entrada a madrugada.

 Concertos:
 A música en directo é o eixo principal do festival Costa dos Castros, a asociación minho reggae, nestes últimos catro anos adoptou un equilibrio entre artistas xa consagrados e bandas noveis tanto internacionais coma nacionais, especialmente galegas. Precisamente un dos obxectivos da
asociación Minho Reggae e ofrecerlle ás novas bandas que están xurdindo en Galicia a posibilidade de darse a coñecer e amosar o seu traballo.

 Música consciente e cunha mensaxe de respecto e humildade, apta para todos os públicos e que tenta acercar á cidadanía novas expresións artísticas e culturais.

•Programación paralela:
Todas as actividades e obradoiros que organiza o Festival Costa dos Castros, están pensadas para que poida participar todo tipo de público, dende os máis cativos até os máis veteranos e poidan gozar en harmonía coa natureza dunhas datas festivas e de diversión ó mesmo tempo que toman conciencia da riqueza natural e cultural de Oia e do proxecto Costa dos Castros.

 Na programación paralela inclúense actividades artísticas, culturais e deportivas.

Actividades a realizar

Infantís: Asemade organizaranse unha serie de actuacións pensadas para os máis pequenos. Estas estarán clasificadas por idades, puidéndose limitar os aforos ou recomendando a reserva de praza.

 Actividades de música tradicional

 Serie de concertos nocturnos: O ideal sería encadenar unha serie de tres ou catro grupos arroupados por un cabeza de cartel. Os grupos han de cumplir a premisa de ser axeitados para un espectáculo nocturno e movido. Montaranse barras para o consumodos asistentes.

 Sesións vermú: En función das actividades paralelas tamén se fomentarán as sesións vermú coas agrupacións máis locales da zona (Fiada, de Viladesuso, Tralo Mosteiro, etc...).

 Obradoiros: Tamén se realizarán obradoiros de música tradicional. Estes poderán incluír sesións de baile tradiconal, introdución á gaita ou mesmo algunha máis teórica sobre música tradicional.

 Actividades paralelas
 Visitas guiadas: Ofreceranse dentro da programación do festival unha serie de visitas guiadas aos elementos máis destacados do Patrimonio de Costa dos Castros. Estas visitas centraranse nos castros da zona, os petróglifos e o Mosteiro de Oia, que contarán tamen con diferentes actuacións. Para evitar masificacións para estas visitas, posiblemente haberá que reservar praza.

 Obradoiros infantís: Tamén se realizarán obradoiros pensados para os máis pequenos relacionados co Patrimonio.



Venres 7 de xullo
21:00 Festival Folclórico:
-Grupo de Folk "MALVELA".
-Grupo de gaitas Tra-lo Mosteiro.
-Grupo de gaitas A Fiada.
-Pandereteiras Virxe do Alivio.
-Serán.

21:30 Visitas nocturnas a petróglifos. En paralelo e previa reserva de praza, aos petros da Cabeciña, A Pedreira, etc.,...

00:00 Queimada.

Sábado 8 de xullo.
11:30 Apertura da feira de artesanía.
12:00-13:00 Visita guiada ao enclave arqueolóxico da Pedreira.
14:00 Sesión Vermú co CUARTETO TRADICIONAL.
16:30 Visita guiada á igrexa e ó barrio do Arrabal
17:00-19:00 ¡¡¡GYMKANA Pirata e búsqueda do tesouro do Pirata Alparagata!!!

ANIMACIÓN A CARGO DOS PIRATAS DA COMPAÑIA ASACOCIRCO

A PARTIR DE 6 ANOS... (INSCRIPCIÓN NO TFNO. 986 362125-639329493)

20:00 Festival Folclórico Concertos Escenario Principal.
-TANXUGUEIRAS
-NA RUA
-PELEPAU
01:00 Serán.

Domingo 9 de xullo.
11:30 Feria de Artesanía.
12:00 Visita guiada ó Arrabal.
-Atuación, Sesión Vermú do grupo Nova Cubanano eirado do Mosteiro.
16:30 Visita guiada á Igrexa.

GOIÁN

FESTA HORTERA, 2017

Sábado día 1 de xullo, ás 18:00 h., desfile ata a praza de igrexa




Infogauda / Goián

 En Goián xa está todo o punto para á celebración dunha nova edición da Festa Hortera. Será o sábado día 1 de xullo, ás 18:00 h., con un desfile ata a plaza da igrexa.

 E arredor das 23:00 h., terá lugar o concurso Miss Hortera.
 Por si fora pouco, haberá escenario de playback libre, e por suposto moita animación.

O ROSAL

O Rosal organiza unha andaina en lembranza de José Martínez González (Pepiño Berdeal) 

Terá lugar o sábado día 8 de xullo, ás 19:30 h.


Infogauda / O Rosal

 Baixo o lema "xuntos polo ben común", a Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR), co patrocinio de Restaurante Juan organiza unha andaina en homenaxe a José Martínez González (Pepiño Berdeal).

 O evento terá lugar o sábado día 8 de xullo, ás 19:30 h., con un percorrido de uns 9 quilómetros. 

 O prezo de inscrición será de 1 euro.  

 Máis información e inscricións nos comercios do Rosal.

RANDUFE (TUI)

A ASOCIACIÓN CULTURAL DE DEPORTIVA "XUNTANZA" ORGANIZA A SUBIDA AO MONTE DO ALTO DO COELLO

Será o domingo día 9 de xullo




Ángel Fernández Alfaya / Randufe (Tui)

 O próximo 9 de xullo faremos a nosa tradicional comida no monte. Subiremos ao Monte do Alto do Coello onde haberá paella, pan e rosca para todos/as os/as socios/as. Os/as que non sexan socios terán que aboar a cantidade de 5 €. 

 Como favor, aos efectos de calcular a comida, vos pedimos que para confirmar asistencia chamedes por teléfono ou mandedes un whatsapp ao número 646 64 65 00. A data límite para anotarse será ata o mércores 5 de xullo. 

 Para os máis madrugadores, Xundaina organizará unha pequena ruta (arredor de 10 km) que sairá dende a casa cultural ás 09:00h con destino ao monte onde gozaremos da comida ás 13:30h. 

 Contaremos ademais co servicio de bar con vermú, refrescos, cafés,... 

 Non dubides en anotarte, pasaremos un día divertido con xogos populares e inchables para os nenos! 

 Nota: informamos que pasaremos ao cobro os recibos domiciliados d0 2017 o próximo mes de xullo.

SALCEDA DE CASELAS

VÍA LIBRE PARA AS OBRAS PARA A MELLORA DO CRUCE DA ESTRADA PROVINCIAL ENTRE CERQUIDO E BORRALIÑO EN SALCEDA DE CASELAS  

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez anuncia que no Pleno provincial do venres resolveranse as alegacións ás expropiacións necesarias e o proxecto pasará a contratación  

A actuación ten un orzamento de 115.745 euros   

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, con Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, e Miguel González, concelleiro de Vías e Obras, supervisando in situ, o.proxecto de mellora da seguranza viaria na EP-2503 entre Cerquido e Borraliño no Concello de Salceda de Caselas
Foto: D.P.

Infogauda / Salceda de Caselas

 O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación provincial resolverá o vindeiro venres no Pleno ordinario as alegacións presentadas ás expropiacións do proxecto de mellora da seguranza viaria na EP-2503 entre Cerquido e Borraliño no Concello de Salceda de Caselas. A Corporación aprobará definitivamente o proxecto, que ten un orzamento de 115.745 euros, e pasará o expediente ao departamento de contratación, polo que o inicio das obras poderán ser unha realidade nas vindeiras semanas.   

 Segundo manifestou Benítez, a Deputación de Pontevedra está a priorizar as actuacións relativas á seguranza viaria, dándolle "prioridade absoluta" á mellora e reforma de zonas de alta sinistralidade. "Temos identificados puntos perigosos en toda a provincia aos que estamos dando solución. No caso de Salceda de Caselas a demanda de acondicionamento deste cruce é histórica, polo que atendemos a solicitude do alcalde", sinalou o nacionalista. 

 Para resolver a intersección dos camiños municipais, segundo explicou o deputado, prevese a ocupación de nove parcelas privadas que permitirán crear unha nova área pavimentada para delimitar novos carrís de incorporación e agarda. Para isto foi preciso iniciar un expediente de expropiación forzosa, que sometido a información pública recibiu unha alegación por parte dunha das propietarias das parcelas afectadas. Esta alegación estimouse en parte (valorando tamén na expropiación 15 piñeiros, 16 eucaliptos e 6 carballos), mais desestimouse a expropiación total da parcela, cunha superficie de 637 metros, xa que só son precisos 357,45 metros cadrados.  

 No proxecto, a maiores da ampliación da plataforma, corrixiranse os peraltes. Ademais, para a elección do novo firme tívose en conta a importante densidade de camións que pasa pola zona, cun tránsito estimado de entre 100 e 199 vehículos pesados por día por ser unha zona preto de áreas industriais como o polígono industrial de O Cerquido.   
 Así mesmo, implantaranse dous elementos redutores de velocidade en forma de pasos de peóns sobreelevados en ámbolos extremos de actuación, limitando a velocidade a 30 quilómetros hora.  Tamén se remodelará o alumeado, potenciándoo na zona de cruce con sete novas luminarias tipo led e retirando as catro actuais. Finalmente, será preciso recuar un poste de formigón de telefonía e instalarase nova sinalización vertical e horizontal adecuada á nova configuración prevista no proxecto.

ARCOS DE VALDEVEZ

Balanço positivo para o projeto "Despertar Emoções/Intervenções Assistidas por Animais  

Câmara Municipal apoiou projeto de terapias assistidas por animais visando a melhoria de vida de pessoas com necessidades especiais 

Da reuniâo de avaliação final destaca-se o sucesso deste projeto de boas práticas em que os animais foram fatores de motivação e aprendizagem
Foto: C.M.A.V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Chegou ao fim na passada semana o Projeto "Despertar Emoções/Intervenções Assistidas por Animais 2017, implementado pela Dogs Training Concept/Arcos de Valdevez, com o apoio da Câmara Municipal. 

 Este projeto de terapias assistidas por animais teve por objetivo principal o desenvolvimento de atividades que visassem a melhoria da qualidade de vida de crianças/adultos com necessidades especiais, a partir de uma ação lúdica, motivacional e educativa. 

 Com a presença do animal, as pessoas mostram-se muito mais motivadas e disponíveis para as atividades pedagógicas e terapêuticas propostas, o que resultou em passos importantes para a promoção da socialização; o afastamento da solidão, da ansiedade, do stress e da depressão. Nestas sessões foram também promovidos aumentos da autoestima e a autoconfiança, melhorias na saúde física, psicológica e emocional, coordenação motora e desenvolvimento da memória dos assistidos. Trabalhou-se a coordenação motora e estabilizou-se a frequência cardíaca.  

 Os animais são catalisadores de comunicação; estimulam a memória e a atenção, não julgam, são afetuosos, mantêm os alunos/participantes ocupados, são um foco de atenção e permitem a estimulação táctil.  

 Da reuniâo de avaliação final destaca-se o sucesso deste projeto de boas práticas em que os animais foram fatores de motivação e aprendizagem, bem como o forte impacto junto dos utentes na área emocional, social, psicomotora e cognitiva.  

 Envolveu o CAO e o Lar Residencial da Santa Casa da Misericórdia de Arcos de Valdevez e a APPACDM de Ponte da Barca.  

 Ao apoiar este projeto a Câmara Municipal quis proporcionar momentos agradáveis e lúdicos aos beneficiários. 

LABORAL

O comité de GKN convoca para este xoves, unha xornada de folga ante o inmobilismo da empresa na negociación do convenio 

Rexeita que a dirección da compañía de automoción viguesa ofreza só un 1% de suba salarial


 Infogauda / Vigo 

 Como xa informamos oportunamente, o comité de GKN Driveline de Vigo decidiu por unanimidade convocar unha xornada de folga para este xoves día 29 de xuño ante o inmobilismo da dirección na negociación do convenio colectivo. Dende a representación do persoal sinalan que a empresa ofrece unicamente un 1% de suba salarial, “pois din que se non renunciamos aos 15 minutos de ducha non poden asumir ningún custe máis”.A decisión do comité (9 delegados/as de CCOO, 7 da UGT e 5 da CIG) adoptouse tras a decimo cuarta xuntanza mantida coa empresa, que tivo lugar onte, e que novamente rematou sen acordo. 

 A dirección de GKN propón que o novo convenio teña un ano de vixencia e contemple un incremento salarial do 1%, “pois din que se non renunciamos aos 15 minutos de ducha non poden asumir ningún custe máis, nin xubilacións parciais, nin relevos, nin persoal indefinido”.

HORARIOS DOS PAROS DE DÚAS HORAS O COMEZO DE CADA QUENDA

 A folga convocada na empresa GKN Driveline de Vigo terá lugar este xoves día 29 de xuño, durante dúas horas ao inicio de cada quenda:  

- Na de mañá, de 6:00 a 8:00 horas. 
- Na central, de 7:45 a 9:45 horas. 
- Na de tarde, de 14:00 a 16:00 horas. 
- Na de noite, de 22:00 a 24:00 horas. 

 O persoal de fin de semana parará o sábado de 6:00 a 8:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

LABORAL

Persoal de montaxe de Citroën rebélase contra o incremento dos ritmos de traballo 

A CIG, CUT e CCOO convocan protestas para reclamar contratacións ante o aumento da produción en 9 coches por quenda 

Portavoces das centrais CIG, CUT e CCOO en Citroën, na rolda de prensa de hoxe
Foto: CIG


Infogauda / Vigo

 O persoal de montaxe de PSA Peugeot Citroën en Vigo decidiu rebelarse contra a decisión da empresa de incrementar a cadencia de traballo a partir do mes de xullo, cando está previsto que se fabriquen nove vehículos máis en cada unha das tres quendas sen que isto supoña a contratación de máis traballadores/as. Diante disto, as centrais CIG, CUT e CCOO anunciaron a convocatoria dunha concentración diante da fábrica este sábado día 1 de xullo, ao tempo que chaman aos empregados/as da liña 1 a non acudir ao seu posto de traballo o sábado día 8. 

 A representación sindical lembra que os problemas na liña de montaxe véñense arrastrando dende hai anos xa que o persoal soporta cargas de traballo moi elevadas, “mais a decisión de aumentar a produción nun coche cada hora (nove por quenda) é a gota que colma o vaso”. Como consecuencia desta situación, rexístrase un importante índice de absentismo: na actualidade arredor de 400 dos 5500 empregados/as da factoría viguesa atópanse e baixa, a metade dende hai máis de seis meses. 

 Segundo denuncian, os repartos de traballo establecidos pola dirección son “irrealizábeis”, polo que consideran “unha falta de respecto” que a empresa non queira sentarse coa representación sindical para buscar unha solución. Neste senso, sinalan que o propio sindicato maioritario -o SIT- recoñeceu nun comunicado que “hai unha serie de repartos que, por distintas causas, os operarios/as non son capaces de realizar”. 

 Por todo isto, consideran que o cadro de persoal debe de dar un paso adiante nas súas reivindicacións e fan un chamamento a participar na concentración convocada ás portas da fábrica este sábado día 1 ás 11.30 horas, así como a non acudir ao seu posto coincidindo coa xornada de traballo extraordinaria do vindeiro sábado día 8. 

 En concreto, cren necesario grantir unha redución das cargas de traballo e unha mellora no equilibrio dos repartos creando máis postos na liña (segundo os seus cálculos sería necesario contratar 30 persoas, 10 por quenda) e concretar cal vai ser o incremento dos descansos que se van establecer mentres dure esta nova cadencia.

LABORAL

O colectivo de enfermeiras/os pediátricas/os denuncia discriminación laboral por parte do Sergas 

Recollen sinaturas entre as profesionais galegas/os para reclamar a apertura de listas de contratación na súa especialidade

Membros da Asociación Galega de Enfermería Pediátrica  na rolda de prensa ofrecida esta mañá no Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo
Fotos: CIG

Infogauda / Vigo 


 Unha representación do colectivo de enfermeiras/os pediátricas/os compareceu hoxe en rolda de prensa no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para denunciar a discriminación laboral que padecen por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Diante disto, están a recoller sinaturas entre as especialistas galegas para reclamar a apertura de listas de contratación específicas para a súa especialidade para que “alí onde haxa un neno/a, tanto no ámbito hospitalaria como na Atención Primaria, haxa unha enfermeira/o pediátrica”. 

 Varios membros da Asociación Galega de Enfermería Pediátrica explicaron diante dos medios de comunicación que adoptar esta decisión en resposta ao acordado o pasado 13 de xuño na xuntanza da comisión central de seguimento do pacto de contratacións, na que se decidiu abrir a inscripción para as listas de enfermería especialista e comunitaria, “pero non se nombran outras especialidades como pediatría ou xeriatría”. 

Entrega de sinaturas no Rexistro do hospital ao remate da rolda de prensa 

 Diante disto, esta semana comezaron a recoller sinaturas en todo o país entre os especialistas galegos/as, “e a pesar de que nos atopamos en período vacacional só en Vigo xuntamos arredor de 50”, que entregaron no Rexistro do hospital ao remate da rolda de prensa. 

 Entre as súas reivindicacións, solicitan a apertura de listas de contratación temporal en enfermeira/o especialista en pediatría onde se poidan inscribir tanto profesionais que se especializaron vía EIR (Enfermeira/o Interna/o Residente) como por vía excepcional; que se desenvolva o Decreto 81/2016 do 23 de xuño mediante o que se crea no ámbito do Sergas a categoría estatutaria de enfermeira/o especialista; que se reclasifiquen as prazas de enfermería nas unidades pediátricas, tanto de Atención Primaria como de Atención Especializada, en prazas de especialistas en pediatría; e que se inclúan as prazas de especialista nas ofertas de emprego de 2017, como sucede noutras especialidades. 

 “Reclamamos todo isto porque a nosa situación actual é que as enfermeiras/os especialistas que obteñen o título mediante vía excepcional e que xa teñen a súa propia praza non se lles compensa economicamente polo título, como si pasa noutras especialidades como matrona ou saúde mental”. Ao mesmo tempo, ás que saen vía EIR só lles permiten o acceso a unhas listas especiais, que poden ser UCI pediátrica ou neonatal. “No caso de Urxencias están en común adultos e pediátricas, polo que se pode dar o caso deque un especialista en pediatría remate en adultos e un de adultos en pediátricas”. 

 Explicaron que a estas listas pódese acceder tanto con dous meses de traballo como con prácticas voluntarias de tres semanas, o que implica que a igualdade de puntos ao comezar as listas especiais, as da vía EIR terían dous puntos ao rematar os dous anos, mentres que as da vía execepcional, se fan as prácticas voluntarias e logo traballan o resto do ano en calquera outro sitio de enfermería, terían 7,2 puntos. 

 Polo tanto, solicitan a apertura das listas de pediatría patra todos os ámbitos, “para que onde haxa un neno/a exista unha enfermeira/o pediátrica/o, do mesmo xeito que onde hai unha embarazada ninguén se plantexa que non haxa unha matrona”. 

 Finalmente, lembraron que o que están a reclamar xa se aplica en outras comunidades autónomas, como por exemplo no País Vasco. 

 “O importante é que a atención á poboación pediátrica, tanto no ámbito hospitalario como en Atención Primaria, sexa por persoal que está formado especificamente. O contrario supón unha perda de recursos públicos, porque o gasto en formacion non redunda en beneficio do paciente”, remataron. 

MOUGÁS (OIA)

"A IDADE DO PAVOSAURIO", OBRA DE TEATRO SOLIDARIA

Para poder asistir a esta obra será necesario la compra de un boleto del Sorteo de Oro de Cruz Roja (5€). Con este boleto podrán entrar dos personas. Los niños entrarán gratis


Neli Rodríguez / Mougás (Oia)

 El próximo 1 de julio, a las 21:00 h., en el Centro Cultural de Mougás se pondrá en escena una obra teatral con fines solidarios. 

 Esta iniciativa surge del grupo teatral de Oia “Os mellores do ghrupo”, que representará a comedia "A idade do pavosaurio".

 Para poder asistir a esta obra será necesario la compra de un boleto del Sorteo de Oro de Cruz Roja (5€). Con este boleto podrán entrar dos personas. Los niños entrarán gratis. 

 Con un boleto podremos entregar un lote de ayuda para atender las necesidades higiénicas básicas de un hombre en situación de vulnerabilidad. 

 Con dos boletos podremos entregar un lote de ayuda para atender las necesidades higiénicas básicas de una mujer en situación de vulnerabilidad. 

 Con seis boletos podremos entregar 3 mochilas con material escolar a niños y niñas de familias afectadas por la crisis.  

 El sorteo tendrá lugar en Avilés, ante notario,  el 20 de Julio de 2017. Todos los premios tienen su contravalor en oro.  

 Un primer premio de 3 millones de euros; un segundo premio de 1,5 millones de euros; un tercer premio de 750.000 €; 129 premios de 2.500 €; 129 premios de 1.500€ ; 129 premios de 600 €; 1.170 premios de 300 €; 1.170 premios de 200 €, y 1.170 premios de 100 €.