28 de xuño de 2017

OIA

OIA PREPÁRASE PARA O FESTIVAL COSTA DOS CASTROS, 2017

Festival Cultural de Música e Patrimonio Histórico de Oia

Camiño da Costa

Datas: 7, 8 e 9 de xullo 2017
Lugar: Eirado do Mosteiro (Oia)



Infogauda / Oia


 O Festival Costa dos Castros nace da unión dos intereses de Costa dos Castros – proxecto de xestión do patrimonio, desenvolvemento turístico e rural no Concello de Oia – e a Asociación Minho Reggae; colectivo que conta con máis de seis anos de experiencia en produción e xestión de festivais e eventos musicais e deportivos, tanto en Galiza como Portugal, que apoia e fomenta a música, a arte e un estilo de vida consciente e respectuoso co entorno a través das diversas actividades culturais que desenvolve ao longo do ano.

 Os intereses de ambas iniciativas conflúen na produción dun festival de música, exaltación do Patrimonio local e promoción dos atractivos do Concello.

 Cun concepto e estilo musical concreto, o público achégase dende diferentes puntos da xeografía peninsular, motivados por una oferta cultural e de ocio alternativa, capaz de amosar e inculcar uns valores e principios que teñen os seus alicerces na cooperación, respecto á diversidade, patrimonio histórico, ecoloxismo e sustentabilidade.

 O eixo principal deste proxecto é , como o seu nome indica, a Cultura Castrexa, que tenta ser un nexo do patrimonio a cultura é a música e símbolo de unión entre diferentes pobos e diferentes culturas, amosando ao resto do mundo que unha das características dos galegos é o respecto e a unión sociocultural.

 O Festival Costa dos Castros é, en definitiva, un evento sociocultural centrado na música e nas representacións artísticas que mestura a distintos colectivos e asociación culturais de Galicia, entre outros, co fin de difundir o folclore e a súa filosofía.

 Concertos ao vivo, espectáculos artísticos, obradoiros, andainas, charlas, cantos de taberna, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público.

 Dirección
 O Festival Costa dos Castros é un evento xestionado pola Asociación Minho Reggae e o Proxecto Costa dos Castros, en colaboración co Concello de Oia, Acamo, Asociacions culturais do municipio, e pretende involucrar as diferentes administracions; Agadic, Patrimonio Histórico, Deputación
de Pontevedra, Xunta de Galicia,...

Obxectivos
 Os obxectivos son múltiples, tratándose dun Festival tan poliédrico no que se queren facer actividades moi diversas, para todas as idades e deslocalizadas, é dicir, con actividades cando menos nas catro parroquias da Costa dos Castros.

•Dinamización do galego.
•Crear e consolidar un Festival de música folk no contexto do Sur da provincia de Pontevedra.
•Valorizar a tradición oral como forma de transmisión dun coñecemento que esmorece e que debe ser recollido.
•Dinamizar o territorio dando a coñecer o seu potencial turístico mediante visitas guiadas.
•Dignificar as parroquias facéndoas partícipes do Festival.
•Fomentar actividades para toda a familia.
•Involucrar á comunidade local, fundamentalmente aos hostaleiros na creación de eventos culturais.
•Promover a música e o patrimonio e as artes así como a filosofía de respecto na que se fundamenta.
•Promocionar o Concello de Oia e o seu entorno.
•Ampliar a oferta cultural e aportar un novo reclamo turístico para Oia e toda a zona do Baixo Miño.
•Apoiar aos colectivos locais dedicados á representación artística a darse a coñecer.
•Fomentar a interrelación entre profesionais galegos de distintos ámbitos artísticos.
•Proporcionar ás bandas un espazo para que amosen o seu traballo.
•Ofrecer á poboación unha alternativa de ocio innovadora.
•Introducir á cidadanía no coñecemento de novas culturas a través de obradoiros feitos por artesáns e músicos galegos.
•Fomentar o ecoloxismo e o respecto á natureza a través de charlas e obradoiros.
•Fomentar e Potenciar o Patrimonio Historico da Zona.

Programa:
 Nestes últimos oito anos moitas foron as propostas musicais e culturais que ofreceu Minho Reggae para todos os asistentes, a os seus eventos. Dende actividades deportivas, obradoiros, e espectáculos de rúa, até concertos en directo e sound systems.

Dita programación está pensada para todos os públicos e sen límite de idade tanto polos horarios, posto que as actividades comezan dende media mañá até ben entrada a madrugada.

 Concertos:
 A música en directo é o eixo principal do festival Costa dos Castros, a asociación minho reggae, nestes últimos catro anos adoptou un equilibrio entre artistas xa consagrados e bandas noveis tanto internacionais coma nacionais, especialmente galegas. Precisamente un dos obxectivos da
asociación Minho Reggae e ofrecerlle ás novas bandas que están xurdindo en Galicia a posibilidade de darse a coñecer e amosar o seu traballo.

 Música consciente e cunha mensaxe de respecto e humildade, apta para todos os públicos e que tenta acercar á cidadanía novas expresións artísticas e culturais.

•Programación paralela:
Todas as actividades e obradoiros que organiza o Festival Costa dos Castros, están pensadas para que poida participar todo tipo de público, dende os máis cativos até os máis veteranos e poidan gozar en harmonía coa natureza dunhas datas festivas e de diversión ó mesmo tempo que toman conciencia da riqueza natural e cultural de Oia e do proxecto Costa dos Castros.

 Na programación paralela inclúense actividades artísticas, culturais e deportivas.

Actividades a realizar

Infantís: Asemade organizaranse unha serie de actuacións pensadas para os máis pequenos. Estas estarán clasificadas por idades, puidéndose limitar os aforos ou recomendando a reserva de praza.

 Actividades de música tradicional

 Serie de concertos nocturnos: O ideal sería encadenar unha serie de tres ou catro grupos arroupados por un cabeza de cartel. Os grupos han de cumplir a premisa de ser axeitados para un espectáculo nocturno e movido. Montaranse barras para o consumodos asistentes.

 Sesións vermú: En función das actividades paralelas tamén se fomentarán as sesións vermú coas agrupacións máis locales da zona (Fiada, de Viladesuso, Tralo Mosteiro, etc...).

 Obradoiros: Tamén se realizarán obradoiros de música tradicional. Estes poderán incluír sesións de baile tradiconal, introdución á gaita ou mesmo algunha máis teórica sobre música tradicional.

 Actividades paralelas
 Visitas guiadas: Ofreceranse dentro da programación do festival unha serie de visitas guiadas aos elementos máis destacados do Patrimonio de Costa dos Castros. Estas visitas centraranse nos castros da zona, os petróglifos e o Mosteiro de Oia, que contarán tamen con diferentes actuacións. Para evitar masificacións para estas visitas, posiblemente haberá que reservar praza.

 Obradoiros infantís: Tamén se realizarán obradoiros pensados para os máis pequenos relacionados co Patrimonio.



Venres 7 de xullo
21:00 Festival Folclórico:
-Grupo de Folk "MALVELA".
-Grupo de gaitas Tra-lo Mosteiro.
-Grupo de gaitas A Fiada.
-Pandereteiras Virxe do Alivio.
-Serán.

21:30 Visitas nocturnas a petróglifos. En paralelo e previa reserva de praza, aos petros da Cabeciña, A Pedreira, etc.,...

00:00 Queimada.

Sábado 8 de xullo.
11:30 Apertura da feira de artesanía.
12:00-13:00 Visita guiada ao enclave arqueolóxico da Pedreira.
14:00 Sesión Vermú co CUARTETO TRADICIONAL.
16:30 Visita guiada á igrexa e ó barrio do Arrabal
17:00-19:00 ¡¡¡GYMKANA Pirata e búsqueda do tesouro do Pirata Alparagata!!!

ANIMACIÓN A CARGO DOS PIRATAS DA COMPAÑIA ASACOCIRCO

A PARTIR DE 6 ANOS... (INSCRIPCIÓN NO TFNO. 986 362125-639329493)

20:00 Festival Folclórico Concertos Escenario Principal.
-TANXUGUEIRAS
-NA RUA
-PELEPAU
01:00 Serán.

Domingo 9 de xullo.
11:30 Feria de Artesanía.
12:00 Visita guiada ó Arrabal.
-Atuación, Sesión Vermú do grupo Nova Cubanano eirado do Mosteiro.
16:30 Visita guiada á Igrexa.

Ningún comentario: