28 de xuño de 2017

LABORAL

O comité de GKN convoca para este xoves, unha xornada de folga ante o inmobilismo da empresa na negociación do convenio 

Rexeita que a dirección da compañía de automoción viguesa ofreza só un 1% de suba salarial


 Infogauda / Vigo 

 Como xa informamos oportunamente, o comité de GKN Driveline de Vigo decidiu por unanimidade convocar unha xornada de folga para este xoves día 29 de xuño ante o inmobilismo da dirección na negociación do convenio colectivo. Dende a representación do persoal sinalan que a empresa ofrece unicamente un 1% de suba salarial, “pois din que se non renunciamos aos 15 minutos de ducha non poden asumir ningún custe máis”.A decisión do comité (9 delegados/as de CCOO, 7 da UGT e 5 da CIG) adoptouse tras a decimo cuarta xuntanza mantida coa empresa, que tivo lugar onte, e que novamente rematou sen acordo. 

 A dirección de GKN propón que o novo convenio teña un ano de vixencia e contemple un incremento salarial do 1%, “pois din que se non renunciamos aos 15 minutos de ducha non poden asumir ningún custe máis, nin xubilacións parciais, nin relevos, nin persoal indefinido”.

HORARIOS DOS PAROS DE DÚAS HORAS O COMEZO DE CADA QUENDA

 A folga convocada na empresa GKN Driveline de Vigo terá lugar este xoves día 29 de xuño, durante dúas horas ao inicio de cada quenda:  

- Na de mañá, de 6:00 a 8:00 horas. 
- Na central, de 7:45 a 9:45 horas. 
- Na de tarde, de 14:00 a 16:00 horas. 
- Na de noite, de 22:00 a 24:00 horas. 

 O persoal de fin de semana parará o sábado de 6:00 a 8:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario