9 de maio de 2017

A GUARDA

AS PRAIAS DE “O MUÍÑO” E “AREA GRANDE” DO CONCELLLO DE A GUARDA, ACADARON A BANDEIRA AZUL PARA O 2017 

Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda lucirán o distintivo internacional de bandeira azul 

Vista parcial da praia "O Muiño", en Camposancos (A Guarda)
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Desde a Oficina de Turismo Municipal, o Concello de A Guarda, ven de faer público á seguinte información: A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público hoxe o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán. 

 A praia de Area Grande e do Muíño obteñen este distintivo como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comezará co arranque estival. 

Praia marítima de “Area Grande”

 A praia “Area Grande” luciu por primeira vez este distintivo no ano 2009, e dende esa data, todas as tempadas o conseguiu. Pola súa banda, o areal “O Muíño”, renovou a bandeira azul no 2010. Ademais da bandeira azul esta praia fluvial tamén contará co distintivo “Ecoplayas”. 

 O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello. 

 Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013.  A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente hoxe, publicouse o resultado.

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS, DE CONVERXENCIA GALEGA, SOLICITA Á INCLUSION DA RÚA MANUEL R. SINDE NO PLAN DA DEPUTACIÓN

As imaxes reflicten o estado de deterioro no que se atopa o tramo empedrado da rúa Manuel Rodríguez Sinde
Fotos: Converxencia Galega / A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte proposta:


ARRANXO  URXENTE DA RÚA  MANUEL RODRÍGUEZ SINDE   

 Unha rúa como ésta, que soporta a diario un gran volume de tráfico, en máis dunha ocasión falamos de regular o tránsito de vehículos pesados para que non se estivera degradando esta rúa, sin que se tomaran medidas para manter a duración da mesma, e agora a imaxe que ofrece, está reflexada nas fotografías que acompañamos. Hai que ter en conta que esta vía está en pleno centro e que dispón de mais ou menos de cincuenta (50 m/l) metros lineais empedrados, e que ademais é paso obligatorio para a maioría dos peregrinos/as que acuden o albergue municipal e pola que acceden a ruta do Camiño Portugués pola Costa, pero que é tamén por donde os membros do Equipo de Goberno Municipal do PSOE, teñen que transitar para acceder a estrada xeral, non pode dar maior exemplo do estado de abandono que amosa o noso pobo.  



 As distintas veces que temos falado deste asunto, unas veces por que non hai presuposto, outras, por que estamos en época de choivas e agora porque teñen outras prioridades, a realidade e que cada vez se deteriora máis a pedra, e existe unha boa cantidade esnaquizada que xa non é aproveitable, e que da leva pedindo que se tomen medidas urxentes para que esta rúa volva a ter unha presencia como a que se merece, e non ser un dos temas de conversas de propios e visitantes falando negativamente da nosa localidade.  


 Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar do Sr. Alcalde, para que sinale a prioridade de arranxo desta rúa, incluíndoa no Plan da Deputación, e que en pouco tempo, poidamos ollar a recuperación da mesma.

A Guarda, a 04 de maio do 2.017 


Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA 

PATRIMONIO

Encontros Poliorcéticos contactou com o Projeto Fortalezas Multimidia


ENCONTROS  POLIORCETICOS   

 Sediado na cidade brasileira  de Florianópolis, na Universidade Federal de Santa Catarina, este projecto abrangente visa tecer uma poliorcética internacional baseada na troca de informações e  no “interface” castellológico  das  nações. Como novidade  neste  centro catarinense  temos ao nosso dispor o CD-ROM das Fortalezas, com mais de 400 enclaves da própria Santa Catarina, do Brasil e do Mundo, com a possibilidade de acrescentar o elenco da parte dos curiosos  e profissionais, com acervo documental e fotográfico e com o prestígio que tem Brasil na poliorcética internacional. Garantidamente, vai ser obra. 



 Encontros Poliorcéticos tem enviado informação apurada relativamente ao Castelo de Santa Cruz, Forte de São Lourenço de Goiám e outros postos militares, inserindo necessárias correcções que serão, de certeza, tidas em conta pelos colegas brasileiros. Enviar-se-aõ a totalidade dos textos disponíveis de forma faseada. Da mesma maneira, mais a frente tentar-se-á enviar algum dossier sobre a França Equinocial e a tentativa que houve por criar um império galo no Sul de América. “Association Vauban” realizará este ano a apresentação de um livro sobre França e o Canadá, faltando já poucos dias para o nosso encontro na cidade francesa de Barcelonnette. 

 Encontros Poliorcéticos visa ser uma intermediação entre todos aqueles que desejam construir uma pesquisa descentralizada, integradora e mundial, longe de espaços estreitos e ofegantes bem como de evidentes sesgos que pouco têm a ver com o Turismo Militar. No Minho está-se a dar uma desagregação que ninguém quer; veja cada um a sua parte de responsabilidade. Folgamos em saber, no entanto, dessa boa notícia da futura abertura do Forte da Lagarteira, em Vila Praia de Âncora. Também, noticiar o pedido de informação feito acerca do Reduto de Cortes, em Monção, à Câmara Municipal e de outros dois fortes em terra, ameaçados pelo polígono industrial da Lagôa.

A GUARDA

CREATI. DESBLOQUEA A TÚA CREATIVIDADE

Sábado 13 de Maio de 11 a 13 na Casa dos Alonsos, previa inscrición na OMIX de A Guarda. GRATUITA. 


Infogauda / A Guarda

 Proposta de estimulación para fomentar a creatividade mellorando con isto o desenrolo das persoas. Preténdese fomentar a expresión das emocións, o pensamento crítico e o traballo en grupo, ademais da autoestima; a través de técnicas novas e proxectos diferentes.

O PORRIÑO

AUDIOVISUAL

O Festival de Cans celebra a súa 14ª edición do 24 ao 27 de maio co apoio da Xunta 

O director da Agadic e o delegado da Xunta de Galicia en Vigo participaron na presentación do programa que volverá congregar nesta aldea do Porriño profesionais dos sectores audiovisual e musical, veciños e afeccionados de toda Galicia

Dezaseis traballos, dos que o 50% están dirixidos por mulleres, competirán na sección oficial de curtametraxes, mentres que 19 farano na de videoclips 

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e mais o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañaron nesta presentación os responsables do certame que organiza a Asociación Cultural Arela e os representantes do resto de entidades e empresas colaboradoras.


Infogauda / O Porriño

 Profesionais dos sectores audiovisual e musical, veciños e afeccionados de toda Galicia daranse cita do 24 ao 27 de maio no Festival de Cans, que hoxe presentou o programa da súa décimo cuarta edición. A Xunta de Galicia volve colaborar economicamente coa organización do certame, que se celebra na aldea do Porriño da que toma o seu nome.
 O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e mais o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañaron nesta presentación os responsables do certame que organiza a Asociación Cultural Arela e os representantes do resto de entidades e empresas colaboradoras.
 Xunto co carácter lúdico e veciñal que converte este festival nun dos eventos culturais máis peculiares de todos os que cada ano se celebran en Galicia, o director da Agadic destacou tamén o papel de Cans como plataforma de difusión e impulso das realizadoras e realizadores galegos.
 Este ano son 16 as curtametraxes seleccionadas na sección oficial a concurso, da que a organización destaca a paridade numérica entre as pezas realizadas por mulleres e por homes, mentres que no apartado de animación presentaranse outras seis curtas cunha forte presenza de novos creadores. Ademais, os videoclips gañan protagonismo, con 19 traballos en competición.
 En canto ás longametraxes, Cans estreará A historia dun satálite, de Also Sisters, e o documental sobre o naufraxio do Prestixe Mar de fondo, de Dani Guzmán, ademais de contar con Manane Rodríguez para afondar no proceso de realización do seu filme Migas de pan na sección Rebobinando, entre outras proxeccións.

 Audiovisual e música

 O Festival de Cans avanza, así mesmo, na súa aposta polo diálogo entre a música e o audiovisual, con propostas como a exhibición de Frágil equilibrio, gañador este ano do Goya ao mellor documental, acompañada dunha actuación de Uxía, intérprete do tema deste filme que estivo nomeado á mellor canción orixinal nestes mesmos premios.
 Seguindo neste apartado, o certame rescatará prezas audiovisuais do grupo Radio Océano, estreará o novo vídeo de Terbutalina e ofrecerá unha retrospectiva dos mellores clips de Eladio y los Seres Queridos. As tres bandas forman parte, igualmente, da carteleira de máis de 25 concertos que acolle o festival e na que se atopan outros grupos como León Benavente, Corizonas, Familia Caamagno, Adrián Costa & The Criers, Cora Sayers, Roger de Flor e Os Silvestres, Os Carunchos, Electric Feels, Escuchando Elefantes ou Trío Acivro.

 Convidados e homenaxes

 Tamén son seccións habituais do festival o Coloquio na Leira, que este ano estará protagonizado polo cineasta Montxo Armendáriz, ou Fill@s de Cans e A que andas?, nas que se ofrece un avance de proxectos audiovisuais galegos que se atopan en diferentes fases de desenvolvemento e de produción.
 No capítulo de homenaxes, o actor Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree, mentres que os chimpíns de prata irán para o director Jorge Coira e para o veciño de Cans Feliciano Bernárdez, “Xano”.
 Tamén hai nomes ben coñecidos do audiovisual galego no xurado da sección oficial, integrado por Luisa Romeo, Mara Torres, José Antonio Quirós, Sonia Castelo, Diana Toucedo, Alfonso Zarauza e César Goldi.
 Esta ampla programación complétase con outras seccións habituais como MiniCans e Cans do futuro para o público infantil e xuvenil, a ruta CansSonoro con Xurxo Souto, a Can Parade para descubrir novos valores artísticos de Galicia ou a ollada gastronómica cara á sétima arte con Tapas de cinema, entre outras moitas actividades. 

VAL MIÑOR

A Deputación de Pontevedra investirá máis de medio millóns de euros en calmar o tráfico e pintar as estradas provinciais no Val Miñor 

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez presentou hoxe en Nigrán o Plan MÓVESE para toda a zona e sinalou que se actuará en 17 vías  

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, presentou en Nigrán o Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE) para a zona 
Foto: D.P.

Infogauda / Val Miñor

 A Deputación de Pontevedra iniciará esta primavera actuacións de calmado de tráfico e de sinalización horizontal en alomenos 17 estradas de titularidade provincial na comarca do Condado-Paradanta. Así o explicou hoxe o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, quen presentou en Nigrán o Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE) para a zona que, xunto coa actuación de pintado de estradas, ascenderá a 539.209 euros.  

 O responsable das vías provinciais e o asesor de Mobilidade Jesús Fole explicaron aos alcaldes e concelleiros de Nigrán, Baiona e Gondomar (o concello de Oia non solicitou as actuación ofertadas dende a Deputación e non estivo presente) que a intención é "dar unha resposta á problemática da seguranza viaria cun xiro ás políticas anteriores".  

 No encontro cos rexedores e concelleiros o nacionalista foi claro e asegurou que a Deputación aposta polos elementos físicos de calmado de tráfico (pasos de peóns sobreelevados –PPS- ou lombos e redutores físicos –RFVV-) para garantir unha mobilidade sostible e segura aos colectivos máis vulnerables. "Está demostrado que con menos velocidade as consecuencias dos accidentes son menores. Podemos poñer radares, sinais, multas, pero a única actuación efectiva para baixar esa velocidade, e por tanto rebaixar o número de accidentes e de feridos, é instalar redutores físicos que obriguen aos condutores a ir máis amodo", argumentou Benítez.   

 O deputado insistiu en que as administracións con competencias en materia de estradas deben aportar solucións ao problema e apostar por crear espazos de convivencia entre as diferentes mobilidades (peonil, ciclista e a motor), revertendo as políticas aplicadas ata o de agora, que daban preferencia aos vehículos nas actuacións das estradas. "Agora a protagonista debe ser a persoa", dixo.  

 Benítez sinalou que as características do territorio na provincia de Pontevedra, na que hai un continuo de vivendas ao longo das estradas e, por tanto, de cidadáns que camiñan por elas de xeito continuo, fai que a solución sexa moi particular. "Os cartos públicos son limitados. Poderíanse deseñar vías segregadas e separar coches de ciclistas e peóns, pero a realidade é que non hai cartos para facer sendas peonís e beirrarúas en todas as estradas da provincia. Tiñamos que atacar a situación desde outra perspectiva, e o Plan MÓVESE é unha aposta axustada á realidade galega e á realidade económica para calmar o tráfico", defendeu.  

 No caso da comarca do Val Miñor, o investimento global do Plan Móvese é de 489.934 euros, cos que se instalarán 39 pasos de peóns sobreelevados e 18 redutores físicos de velocidade. A maiores, o investimento en pintado horizontal será de 49.274,40 euros.  

 Por concellos, no de Nigrán instalaranse 24 pasos de peóns sobreelevados (PPS) e 14 redutores físicos de velocidade (RFV) repartidos en sete estradas provinciais: haberá  4 PPS na EP-2101 de acceso a Ceán, que tamén se pintará na súa totalidade; dous PPS na EP-2102 entre Nigrán e Vincios, xunto a 8 redutores e á sinalización horizontal; catro PPS e un RFV na EP2103 entre Priegue e Prado; cinco PPS na EP-2104 entre Panxón e Patos; tres PPS na EP-2105 entre Panxón e Montererro (tamén pintada); dous PPS e cinco redutores na EP-2106 entre Ramallosa e Parada e finalmente catro PPS na EP-2107 entre a Ramallosa e Parada a Vilariño. Tamén se mellorará a sinalización horizontal da EP-2108 de acceso a Donas, tendo en total 31,2 quilómetros de lonxitude de pintado. 

 No concello de Baiona instalaranse catro pasos de peóns sobreelevados e catro redutores, segundo as peticións do concello. Os PPS colocaranse na EP-2201 entre Baiona-Bahiña-Fontes (3), que renovará pintado horizontal, e na EP-2202 Baiona-Loureza colocarase outro PPS. Na EP-2203 entre Baredo e a EP-2202 instalaranse os redutores de velocidade. A maiores pintaranse totalmente as estradas EP-2204 (Sabarís-Belesar) e a EP-2205 (Ramal á Granxa), sumando no total do concello os 33,8 quilómetros de nova sinalización.  

 O concello de Gondomar optou por instalar pasos de peóns sobreelevados  e ningún redutor físico de velocidade: haberá dous PPS na EP-2301 entre Gondomar e Peitieiros, que tamén se pintará; seis PPS na EP-2302 entre Gondomar-Chaín-Morgadáns; dous PPS na EP-2303 entre Gondomar-Vilaza e Parada xunto ao pintado de toda a estrada; e outro PPS na EP-2305 entre Mañufe e Nande, que tamén será pintada. O número de quilómetros a renovar sinalización horizontal ascende a 20,7.  

 As actuacións do Plan Móvese (lombos e redutores para establecer zonas 30 de velocidade máxima) foron solicitadas no seu día polos concellos. A Deputación recibiu máis dun milleiro de peticións, das que algunhas foron rexeitadas por non referirse a elementos físicos de calmado de tráfico e outras porque hai en previsión actuacións integrais para melloras de estradas que xa incorporan os PPS e RV nos proxectos. Aqueles concellos que desbotaron a posibilidade de instalar os redutores físicos quedaron fóra do plan.  

 O deputado Benítez salientou que a Deputación prevé poñer en marcha unha segunda fase do Plan Móvese, que se abriría despois do verán con variacións. En canto ao inicio das obras da fase actual, o deputado explicou que na  Xunta de Goberno deste venres adxudicaranse de forma definitiva os lotes nos que se dividiu o plan na provincia para poder realizalo con máis axilidade. Para a comarca do Val Miñor –incluída no ámbito de Vigo- a empresa responsable é Acciona Construcción SA e comezará as actuacións logo de presentar a correspondente acta de replantexamento das obras, é dicir, de xeito inmediato.

TURISMO

A Casa de Galicia en Lisboa acolle a presentación de Rías Baixas "Moito por descubrir" 

Carmela Silva subliña a emoción e o agradecemento por estar nun centro galego "que é un pequeno anaco que deixaron os que emigraron de todos e todas nos"  

Carmela Silva estivo acompañada pola deputada de Xuventude, Digna Rivas; a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey; a concelleira de Turismo de Nigrán, Raquel Giraldez; e o concelleiro de Cambados, Xurxo Charlin
Foto: D.P.

Infogauda / Lisboa

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou hoxe o profundo agradecemento ao Centro Galego de Lisboa por acoller a presentación de Rías Baixas "Moito por descubrir".  Afirmou sentirse moi emocionada por estar nun centro galego "onde tantos homes e mulleres que emigraron de Galicia  deixaron un anaco de todos e todas nos, alí onde se asentaron".  

 Carmela Silva, que estivo acompañada pola deputada de Xuventude, Digna Rivas; a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey; a concelleira de Turismo de Nigrán, Raquel Giraldez; e o concelleiro de Cambados, Xurxo Charlin, comezou a súa intervención destacando que para os galegos  "cando estamos en Portugal nos sentimos na nosa casa aínda que as fronteiras políticas moitas veces nos alonxaron". A Presidenta subliñou que compartimos con Portugal moitas cousas "pola nosa cercanía ao Océano Atlántico" polo que é un "enorme orgullo" estar hoxe en esta cidade que é unha das mellores de Europa "pola que moitos galegos son sentimos moi atraídos" e "nos sentimos encantados de mostrarlles aquí o noso destino turístico, Rías baixas". Foi o presidente da Casa de Galicia en Lisboa, Alvaro Moreira, quen agradeceu á Deputación de Pontevedra, que escolleran esta localización para presentar o destino turístico das Rías Baixas animando a todos os presentes a visitalo.   

A presidenta da Deputación mantivo que as Rías Baixas vincúlanse a miúdo coas súas preciosas praias e a súa exquisita gastronomía. "E non é para menos, porque vivimos nun paraíso natural que nos regala produtos marabillosos que levamos á mesa combinando a tradición e a innovación. Pero as Rías Baixas son inmensamente ricas en atractivos e temos moitísimo que ofrecer as catro estaciones e os doce meses".  

Silva resumiu a campaña de promoción en tres activos moi poderosos. "Os Festivais Rías Baixas, unha referencia cultural e musical xa consolidada e cunha enorme proxección nacional e internacional; os seis camiños de Santiago que cruzan a provincia, nos que podemos ver moito do que podemos mostrar ao mundo nas Rías Baixas; e a cultura do viño. Temos o orgullo de contar nada menos que coa capital vitivinícola de Europa este ano, o municipio de Cambados".  

 Precisamente o Camiño Portugués a Compostela, que é un eixo da campaña de promoción, Silva subliñou que "nas Rías Baixas hai ata seis Camiños, que cada ano percorren máis peregrinos. O ano pasado foron 65.000 e este superarase holgadamente esa cifra. Compartimos con Portugal dous deles, aos que temos especial agarimo. Son o Camiño Portugués tradicional, un dos preferidos por quen se dirixe cara a Compostela, e o Camiño da Costa, unha variante desde o Río Miño camiñando xunto ao Océano e a Ría de Vigo. As Rías Baixas son o paso natural dos nosos irmáns portugueses cara a Santiago e estamos orgullosos de que coñezan a nosa terra, cultura e patrimonio. Ao longo da historia os camiños foron un gran vínculo social, económico e cultural entre Galicia e Portugal e queremos impulsalo con máis forza aínda".     

 Ademais das variantes do Camiño, a presidenta animou aos veciños lusos a achegarse as Rías Baixas para desfrutar da música dos festivais porque "este ano, ademais, apostamos aínda máis forte porque pasamos de sete festivais a oito máis un. Nas Rías Baixas quen nos visita poden pasar todo o verán de festival en festival: desde o 30 de xuño ata o 9 de setembro temos cita practicamente todas as semanas. Cada festival é único e ten o seu estilo propio, pero todos eles celebran actividades para todos os públicos".  

 Carlos Domínguez, voceiro dos RiasbaixasFest, destacou que é "unha sorte formar parte dun proxecto como este que recolle o que chamamos a "lifestyel" dos xoves actuais e que pretendemos que se converta nun referente turístico a nivel internacional".    

 Todo elo, dixo Carmela Silva, a menos de 50 minutos coa nova enlace aérea diaria da TAP entre Vigo e Lisboa. Precisamente  Paulo Salles, da compañía aérea lusa, destacou a aposta da TAP por Galicia "pola gran atracción desta rexión para o mercado luso. Seguimos apostando polo potencial de viaxes entre ambas comunidades e mostrar a riqueza de ambos países".  

 Pola súa parte, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, puxo en valor a Capital Europea do Viño, que acolle a súa cidade este ano asegurando que nesta vila do Salnés "soubemos traspasar de pais a fillos o amor polas nosas variedades propias e, ademais, logramos contalo ao mundo convertendo este saber facer nun reclamo turístico moi propio".  

 Abal animou a todos a visitar a súa vila  porque "quen se achegue a Cambados, non só poderá saborear os nosos viños e tamén os nosos apreciados mariscos, senón que terá ao seu alcance unha oferta turística amplísima integrada por praias, rutas por fermosísimos paraxes, festivais culturais, actividades ligadas ás novas tecnoloxías e, como non, propostas que non esquecen a nosa historia, pois Cambados é en si mesmo todo un museo ao aire libre".  

 Tamén Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas, uniuse a esta presentación en Lisboa sinalando que a súa vila, que este ano vai contar con dous festivais musicais, reúne ademais todos os eixos da campaña de promoción, ao ser atravesado polo camiño a Compostela, "ser un referente no termalismo e contar tamén cunha oferta de enoturismo".  
 A concelleira de Turismo de Nigrán, Raquel Giráldez, tamén coincidiu en que a  súa localidade tiña que estar presente en Lisboa porque reúne o paso da variante do camiño a Compostela pola Costa, un dos festivais de referencia e unha variada oferta de praia e sol.    Por último, Carmela Silva, sinalou que as Ría Baixas son mar, terra, gastronomía, patrimonio, historia, flora, fauna, praias, cultura, termalismo  e viño, entre outros moitos atractivos, "as Rías Baixas son todo isto e moitísimo máis, como dixen. Explicalo nos leva moito tempo. O mellor é velas e vivilas. Convidamos a todo o mundo a vir coñecelas". 

 A presentación na Casa de Galicia en Lisboa concluíu cunha degustación de produtos da provincia de Pontevedra baseada nas propostas do festival VigoSeaFest, que organiza a Cooperativa de Armadores de Vigo, para a promoción de peixes pouco coñecidos a cargo do chef Adrián Albino do restaurante "Niño Corvo".  

 Tamén os presentes puideron desgustar viños da adega "Quinteiro da Cruz", preparados de conservas "Os Peperetes"; galletas Albariñas;  queixos de Dona Cobiña e as marmeladas de Amorodo, dúas empresas da comarca do Deza.

DEPORTES

JUDO

VERÓNICA PÉREZ PACHECO, DE A GUARDA, SUBCAMPEONA DE ESPAÑA INFANTIL

Verónica Pérez Pacheco, con su medalla de plata que le acredita como Subcampeona de España de Judo infantil, en la categoría de -44 kg


  Mónica Pacheco Lomba / A Guarda

 El pasado fin de semana se celebró en Valencia el Campeonato de España de Judo, en categoría infantil y cadete de Judo, en el cual participaban ocho judokas del Clube de Judo Baixo Miño que viajaban formando parte de la selección gallega. 

 Carla Lomba, Noa González, Yohanna Da Cuña y José Manuel Rodríguez no pudieron pasar de primera pero llegar ahí ya es un logro. Alba González realizo un buen campeonato cayendo en tercera ronda consiguiendo el 9º lugar, Miguel Pórtela y Adrián Romero hicieron un muy buen campeonato consiguiendo ambos ganar 3 combates y quedar en 7º lugar. 

Verónica Pérez Pacheco - a la izquierda de la imagen - con sus compañeras de competición en el Campeonato de España de Judo, celebrado en Valencia

 El broche lo puso la joven judoka Verónica Pérez Pacheco que en la categoría de -44 kg, consiguió  alzarse con la medalla de plata y el título de Subcampeona de España infantil. Verónica ganó todos sus combates menos la final ante la aragonesa Inés Hinojosa mostrando las dos un judo de gran calidad para esta edad. 

 La joven judoka de A Guarda, cierra así una temporada espectacular donde ha conseguido además de esta medalla nacional ha conseguido 4 más en Copas de España. Ahora a la espera de confirmación, la temporada que viene se trasladará a entrenar al Centro de Tecnificación de Pontevedra donde entrenan también sus compañeros de club: Tecla Cadilla, Elena Cañibano, Adrián Romero, Brais Pereira y Carlos Reboredo.

 Enhorabuena a todos y a seguir trabajando.

LÍNGUA

A 17ª edición do Correlingua vai ter lugar en Vigo o vindeiro xoves

Baixo o lema “En Galego, sen cancelas”, doce carreiras pola lingua percorrerán 12 localidades galegas do 2 ao 16 de maio


Infogauda / Vigo

 A edición 2017 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros, comezou o luns 2 de maio en Monforte de Lemos e rematará na Estrada o 16 de maio.

 O Correlingua, percorrerá doce localidades galegas entre o 2 e o 16 de maio, baixo o lema: “En galego, sen cancelas”.

 O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de video, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.

 A marcha, que terá lugar en Vigo, o día 11 de maio, sairá da Praza do Concello ás once da mañá para rematar no Pavillón das Travesas, nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua: Biribirlocke. Para os máis pequenos/as desde as once da mañá actuará, no propio pavillón, Cé Orquestra Pantasma.

 Como todos os anos contaremos, para conducir a actividade, cunha persoa de relevo na cultura galega e que, no seu día a día, defende a nosa lingua, como é o caso de Luis O Caruncho.

 Dará a saída á marcha na Praza do Rei, ás 10:50, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e  a Concelleira de normalización lingüística, Uxía Blanco.

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO (DHF)

O MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS RECIBE O ELCHE MUSTANG

O sábado día 13 de maio, ás 19:00 h., no Pavillón Municipal A Sangriña



LABORAL

Convocan paros en Faurecia Asientos por incumprimentos en saúde laboral e aumento dos ritmos de produción 

As seccións sindicais da CIG e da CUT desenvolverán concentracións na empresa coincidindo coa folga

Persoal de Faurecia nunha concentración diante da empresa 
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 As seccións sindicais da CIG e da CUT na compañía viguesa Faurecia-Asientos de Galicia veñen de convocar paros de seis horas durante tres días ante os incumprimentos en saúde laboral e o aumento da produción. Ao mesmo tempo, desenvolverán concentracións diante da empresa coincidindo coas tres xornadas de folga, previstas para o mércores 10, xoves 11 e venres 12 de maio.  

 Segundo explican dende a representación sindical da CIG na compañía da automoción, os paros terán lugar de 11.00 a 14.00 horas na quenda de mañá, de 14.00 a 17.00 horas na de tarde e de 22.00 a 1.00 horas na de noite. Con esta mobilización, que incluirá concentracións ás portas da fábrica -situada no parque teconlóxico de Valadares- as centrais promotoras queren rexeitar os incumprimentos en materia de seguridade e saúde laboral e o aumento dos ritmos de produción.  

 Hai que lembrar que a federación de Industria da CIG xa criticara a finais do ano pasado que o preacordo de convenio entre a dirección e os sindicatos CCOO, UGT e CGT fixase a negociación do plan de accións e planificacións da saúde laboral para despois da sinatura do convenio. A marxinación da saúde laboral, entre outras cuestións, levaron á central a rexeitar o pacto, de igual xeito que o fixeron a CUT e a CSIF.