CELSO R. FARIÑAS, DE CONVERXENCIA GALEGA, SOLICITA Á INCLUSION DA RÚA MANUEL R. SINDE NO PLAN DA DEPUTACIÓN
As imaxes reflicten o estado de deterioro no que se atopa o tramo empedrado da rúa Manuel Rodríguez Sinde
Fotos: Converxencia Galega / A Guarda
Infogauda / A Guarda
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte proposta:
ARRANXO URXENTE DA RÚA MANUEL RODRÍGUEZ SINDE
Unha rúa como ésta, que soporta a diario un gran volume de tráfico, en máis dunha ocasión falamos de regular o tránsito de vehículos pesados para que non se estivera degradando esta rúa, sin que se tomaran medidas para manter a duración da mesma, e agora a imaxe que ofrece, está reflexada nas fotografías que acompañamos. Hai que ter en conta que esta vía está en pleno centro e que dispón de mais ou menos de cincuenta (50 m/l) metros lineais empedrados, e que ademais é paso obligatorio para a maioría dos peregrinos/as que acuden o albergue municipal e pola que acceden a ruta do Camiño Portugués pola Costa, pero que é tamén por donde os membros do Equipo de Goberno Municipal do PSOE, teñen que transitar para acceder a estrada xeral, non pode dar maior exemplo do estado de abandono que amosa o noso pobo.
As distintas veces que temos falado deste asunto, unas veces por que non hai presuposto, outras, por que estamos en época de choivas e agora porque teñen outras prioridades, a realidade e que cada vez se deteriora máis a pedra, e existe unha boa cantidade esnaquizada que xa non é aproveitable, e que da leva pedindo que se tomen medidas urxentes para que esta rúa volva a ter unha presencia como a que se merece, e non ser un dos temas de conversas de propios e visitantes falando negativamente da nosa localidade.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar do Sr. Alcalde, para que sinale a prioridade de arranxo desta rúa, incluíndoa no Plan da Deputación, e que en pouco tempo, poidamos ollar a recuperación da mesma.
A Guarda, a 04 de maio do 2.017
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Esa é unha mais das ruas da Guarda que están feitas unha pena. Ademais é un peligro pra os viandantes o estado en que se encontran. ¡Vergoña debería darlle a o alcalde e o seu equipo de goberno! ¡Que asco!
ResponderEliminar