O CONCELLO DE OIA ORGANIZA UN CURSO DE FORMACIÓN DE MANIPULADORES DE AUGA DE CONSUMO HUMANO
Está dirixido principalmente a membros de directivas de traídas veciñais
Raquel Pérez Fernández
AEDL Concello de Oia
O Concello de Oia organiza un curso de formación de manipuladores de auga de consumo humano.
Coa realización deste curso preténdese que os participantes adquiran coñecementos mínimos na hixiene e seguridade alimentaria. Trataranse entre outros temas: os perigos que poden presentarse na auga, as enfermidades de orixe hídrico, control da calidade da auga e vixilancia, almacenamento e distribución da auga, tratamentos da auga, lexislación, etc..
Día, hora e lugar: o 16 de decembro de 10:00 a 12:00 horas no Centro Cultural de Pedornes.
Prazas limitadas e inscripción por Rexistro ata o día 15 de decembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario