O PERSONAL DE MANTEMENTO NO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO PODE ACORDAR CONVOCAR FOLGA INDEFINIDA
O luns 11 terá lugar unha asemblea de traballadores/as no que o comité de empresa, presidido pola CIG, proporá enviarlle un escrito ao xerente da EOXI solicitándolle unha xuntanza para abordar a problemática laboral, convocar folga indefinida e externalizar o conflito
O persoal de Veolia, concesionaria do servizo de matemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, rematou hoxe coas primeiras mobilizacións
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
O persoal de Veolia, concesionaria do servizo de matemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, rematou hoxe coas primeiras mobilizacións convocadas para reclamar un convenio colectivo no centro de traballo que remate coas diferenzas salariais e laborais entre os traballadores/as.
A vindeira semana levarán a cabo un novo calendario de protestas que se desenvolverá a diario no centro sanitario entre o luns 11 e o venres 15 en horario de 10:00 a 11:00 horas e de 14:30 a 15:30 horas.
Ademais, o luns 11 levarán a cabo unha asemblea de traballadores/as no que o comité de empresa, presidido pola CIG, proporá enviarlle un escrito ao xerente da EOXI solicitándolle unha xuntanza para abordar a problemática laboral, convocar folga indefinida e externalizar o conflito mediante a colocación de pancartas pola cidade e o reparto de panfletos informativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario