4 de dec. de 2017

A GUARDA

Proxecto Socheo entre as 100 mellores iniciativas culturais de Galicia


Proxecto Socheo / A Guarda

 Proxecto Socheo atópase entre os 100 proxectos que conforman o Banco de Proxectos de Galicia realizado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. 

 O pasado 1 de decembro durante o Culturgal dixose público o catálogo onde veñen reseñados as mellores prácticas culturais de Galicia. Este traballo foi realizado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural co patrocinio do Ministerio de Cultura de España e da Deputación da Coruña.  

 A creación dun Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural pretende pór a disposición de xestores culturais, responsables de institucións culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais, artistas, etc. exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural.  

 Proxecto Socheo é a única iniciativa cultural da Guarda en aparecer nesta escolma. Aproveitamos este recoñecemento para agradecer a todos os que colaboraron connosco e animar a que o fagan a todos aqueles que queiran conformar o arcón audiovisual da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario