ACLARACIONS DOS CONCELLEIROS DE CONVERXENCIA GALEGA SOBOR DAS DECLARACIONS DA ALCALDESA DE OIA NA PRENSA
Despois do
acontecido no Pleno Ordinario celebrado o pasado día 30 de novembro en Oia, e
tralas declaracións da Sra. Alcaldesa nos medios de comunicación, dende o Grupo
Municipal de CONVERXENCIA GALEGA en Oia, queremos facer varias aclaracións:
1º).- No documento
asinado entre o Partido Popular e Converxencia Galega, diante do Notario, un
dos acordos era a retirada do noso Concello da Mancomunidade Intermunicipal do
Baixo Miño, pois a así o recoñecían tódolos grupos políticos con representación
municipal o inicio da lexislatura actual, cando presentamos esta MOCION,
daquela quedou sobre a mesa ca intención de estudala a fondo e buscar resolver
as deficiencias que amosa no séu funcionamento a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, e o mesmo tempo,
intentar de incluir outras funcions que a fixeran mais operativa e implicada
áreas que potenciaran a nosa comarca no eido cultural, turístico, etc., que
superara a única función da arranxo e parcheo de caminos e pistas. Nisto coincidíamos tódolos grupos
municipais. Despois de esperar máis de DOUS
ANOS E MEDIO, dos cales UN
ANO foi Presidenta e Sra
Alcaldesa de Oia, e non se fixo absolutamente nada por dar unha alternativa,
nin se aportaron datos económicos sobre a viabilidade da Mancomunidade.¡¡E
agora pide que quede sobre a mesa!!
¿Cómo é posible,
que “largue” un discurso chamando o ¡¡¡SENTIDO
COMUN!!! ¿Quen está na incongruencia de decir unha cousa e logo facer
outra?, ¿Qué nos somos uns
irresponsables? O dixemos na Campaña Electoral por activo e por pasivo,
a Oia non lle é rentable estar na mancomunidade, o dixo dixo seu xefe político
(ata o congreso do día 15) no pleno e así se reflexa na Acta Municipal. ¡¡COHERENCIA…Sra. Cristina!!
¿en que mellorou ou polo menos cambiou a Mancomunidade? ¿Qué fixo vostede
mentras estivo de presidenta da mesma? ¿e que non pasaron polas súas máns os
datos económicos para facer un estudo sobre a viabilidade financieira da mesma?
A resposta é nada de nada, seguimos igual ou peor, facendo unha inversión que
posiblemente, produciría máis beneficios aos concellos implicados levandollas a
cabo de xeito directo.
A
sensación xeral, e que a mesma non funciona, e a maioría dos/as vecinos/as non
saben da súa exitencia, e moito menos saben dos custos da presencia desa
maquinaria no noso pobo. En fin, menos mal que dí que a vostede lle gusta aplicar o sentido común e
fala de que cando lle levan a contraria e “populismo”,
¡¡Que alegría nos da con esa información!! So imos poñerlle un exemplo: as
fotos familiares recollendo o lixo despois dun concerto, ¿Qué foron senon unha
das moitas demostracións de populismo que tanto lle gustan.
Falamos
de aforrar 36.000,00€, (esa é a cuota anual), pero, dado que a maquinaria da
Mancomunidade non entra na maioría dos
camiños municipais, hai que sumarlle o que nos custa o aluguer do cilidro, o
uso da pala do concello (a da Mancomunidade estaba averiada e o chofer de
baixa) gasóleo, tres (3) contratados do concello de axudantes, compra da
zahorra, empresas privadas suminitrado a emulsión de bacheo, aluguer de
vibradora, etc., o único que nos saíu gratis, foi a area. Si sumamos a cuota e
os “gastos complementarios” estaríamos falando de máis de 55.000,oo€ por 23
días para o Concello de Oia esa é a realidade.
Iso son números
reais, as facturas que os avalan están no Rexistro Municipal, reviseos e logo
faga o estudo dos mesmos, e si non son certos, ten o fácil, desmíntaos.
No Pleno Ordinario,
entregamos a tódolos grupos municipais, unha proposta dunha empresa, que podía
servir como exemplo e nos concellos donde teñen acordos para o mantenemento de
víais municipais, e a diferencia nos gastos é interesante, de ahí se podería
facer unha Bolsa de Contratación para poder dispor de persoal contratado en
Vías e Obras do que carecemos. ¿Qué nos presentou vostede para pedir que
quedara sobre a mesa ou que fora retirada esta Moción: ¡¡Nada!!
Con sinceridade,
creemos que debe pensar máis en Oia e menos menos no partido. O noso pobo
debería ser o que máis lle interesara, sin ceñirse ao corsé estricto da
“órdenes darriba” ou dos “sabios consellos” que lle dan algúns que ten o séu
lado que o único que buscan é que se deixe manexar aos séus intereses, para que
o final se estrelle.
Noso interés e
traballar por Oia, dende donde nos toque, no goberno ou na oposición, o que non
queremos é ser súas comparsas, votamos e votaremos todo aquelo que consideremos
bó para Oia, veña de que veña, podemos equivocarnos, pero iremos sempre de
frente. ¡¡Como é posible que fale de que votamos en sentido contrario das
posturas do PP!! ¿¿Sabe cal é a causa??, Que vostede –mal dirixida- leva
asuntos a Pleno sin comentalos nin consensualos co demais compoñentes do Grupo
de Goberno, asuntos que moitas veces nos enteiramos cando se convoca a Sesión
Plenaria e sen reflexionar que somos dos
partidos diferentes, e nos non facemos seguidismo.
Nos non somos nadie
para darlle consellos, pero creemos que debera reflexionar e sacar conclusións
dos diversos acontecementos que están sucedendo, e logo actuar en consecuencia.
Oia, a 04.12.2017
LUIS GIRÁLDEZ FIGUEIRO, ÁNGEL PORTELA RODRÍGUEZ E JOSE MANUEL ROMERO MARTÍNEZ
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario