O grupo socialista do Concello de Oia solicita que a alcaldesa se someta a unha cuestión de confianza
"OUTRA VIRÁ QUE BOA ME FAIRÁ"
No pasado mes de abril o PSdeG-PSOE de Oia emitía un comunicado no que xulgaba os 18 meses de goberno do pacto PP-CG, seis meses despois de dito comunicado as cousas non so non melloraron, si non que o Concello de Oia atópase sumido nunha situación de desgoberno total e absoluta.
A incompetencia e irresponsabilidade demostrada ata o de agora polo grupo de goberno, encabezado pola Sra Correa, alcanzou o seu punto culminante no pleno celebrado o pasado xoves, día 30 de novembro, no cal nos ofreceron un espectáculo realmente vergoñento. En vez de adicarse a resolver os problemas de Oia, os integrantes do grupo de goberno municipal, enzarzáronse en discusións de "alto contido intelectual" sobre a aprobación da acta do pleno anterior, no que a alcaldesa, Sra. Correa, e o concelleiro de Vías e Obras, de Converxencia Galega, Sr. Romero, botabanse en cara o estado no que acudían os plenos. Como se poden imaxinar discusións de "alto contido político" e que abordaban os problemas que realmente ten o noso Concello e que realmente lle importan aos nosos veciños.
O colmo dos despropósitos chegou coa presentación, por parte dos concelleiros de Converxencia Galega, de unha moción para que Oia abandonara a Mancomunidade do Baixo Miño en contra da opinión dos seus socios de goberno, co cal se puña de manifesto a profunda fenda existente entre os 2 partidos que actualmente "gobernan" en este concello.
Sra. Correa vostede non pode seguir gobernando cos mesmos "tics" autoritarios que caracterizan ao seu partido, gobernar é algo mais que ir aos actos acompañada do seu fotógrafo de cabeceira, gobernar é dialogar, gobernar é chegar a acordos co resto de partidos políticos, gobertar é todo iso e moito mais, todo iso que vostede ata o de agora non puxo en práctica.
Sra. Correa, os demócratas solicitámoslle que se someta a unha cuestión de confianza vencellada a aprobación dos presupostos, xa que, como parece, a súa maioría de goberno non e tal e Oia non se pode permitir perder outros 4 anos (menos 5 meses), con un goberno en minoría, incapaz de sacar adiante os incontables problemas que padece. Estamos seguros de que, co seu "pedigree" democrático, así o fairá.
Agrupación Socialista de Oia
(R.)
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario