14 de dec. de 2017

A GUARDA

A Policía Local pide precaución na Fortaleza de Santa Cruz por unha praga de procesionarias 

O Concello informa que xa se están a tomar medidas para a erradicacións desta praga

Nos piñeiros - entre outros - que vemos na fotografía observamos en novembro deste ano, a presenza de niños de eirugas de procesionaria
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A Policía Local da Guarda advirte da presenza dun elevado número de eirugas procesionarias do piñeiro no interior do recinto da Fortaleza de Santa Cruz.   

 Por este motivo, e malia que segundo informa o executivo municipal do Concello de A Guarda, xa se están a tomar medidas para a erradicacións desta praga, aconséllase precaución á hora de entrar na fortaleza, con especial atención aos cativos e cativas, pois o pelo desta eiruga pode ocasionar irritacións ou reaccións alérxicas nas persoas.   

 Así mesmo,  a procesionaria pode resultar tóxica para os animais de compañía, polo que desaconsella esta zona como percorrido de paseo cos cans e outras mascotas evitando, para maior seguridade, todas as áreas con piñeiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario