O MONTE SANTA TREGA ACOLLEU A CUARTA EDICIÓN DO TRAIL DO TREGA
Con
preto de 300 participantes
O oiense Antonio Liébanas conseguiu percorrer os 18,5 km da proba, con preto de 1.100 metros de desnivel acumulado, en pouco menos de 1h52’14’’, proclamándose como campión absoluto
O gañador absoluto, xunto co segundo e o terceiro clasificado, en presenza da concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, María Teresa Vicente Baz, e do concelleiro de Deportes e Patrimonio, Manuel Javier Crespo González
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A Guarda acolleu o pasado domingo, 26 de novembro, a cuarta
edición da proba deportiva Trail do Trega. Preto de 300 persoas participaron na
carreira pedestre e a andaina, que transcorreron polo Monte Santa Trega e a súa
contorna.
Namentres as preto de 70 persoas participantes na andaina
comezaron o seu percorrido ás 9:15 horas, a carreira cronometrada comezou
puntualmente ás 10:00 horas, partindo da explanada do Centro Cultural.
O oiense Antonio Liébanas conseguiu percorrer os 18,5 km
da proba, con preto de 1.100 metros de desnivel acumulado, en pouco menos de 1h52’14’’,
proclamándose como campión absoluto entre os máis de 220 participantes. Poucos
segundos despois, acadou a meta o vigués Alberto Iglesias (1h52’32’’) e,
trancurridos 1h54’09’’ do inicio, fíxoo o redondelan José Luis Dorado.
Podio das mellores atletas clasificadas no IV Trail do Trega
Na categoría feminina, conseguiron os mellores tempos a
tudense María Jesús Fernández (2h32’55’’), e as viguesas Elena Pérez e Isabel
González, que cruzaron a liña de meta nesta orde e con poucos segundos de
diferenza (2h36’35’’ e 2h36’54’’, respectivamente).
Podio dos mellores atletas locais
Tamén obtiveron recoñecemento os tres guardeses co mellor resultado.
Así, Josué Moreno (2h05’34’’), Antolín Martínez (2h10’44’’) e Javier González
(2h13’27’’) recibiron un trofeo da man da concelleira de Sanidade e Servizos
Sociais, María Teresa Vicente Baz, e o concelleiro de Deportes e Patrimonio, Manuel Javier
Crespo González. María Dolores González, pola súa parte, foi - segundo informan dende o Concello de A Guarda - a única guardesa
participante (3h04’33’’).
Na categoría Sénior masculina (participantes de entre 18 e
34 anos) acadaron os mellores tempos David Alonso (1h55’02’’), o oiense Iván
Pimentel (1h56’42’’) e Ángel Álvarez (2h02’42’’). Na feminina, pola súa parte,
obtiveron recoñecemento Natalia Sierpes (2h40’28’’), Patricia Pereira (3h23’20’’)
e Nerea González (4h02’12’’).
Na categoría Veteranas A (participantes de entre 35 e 44
anos), os mellores tempos foron os conseguidos por Elena Pérez, Isabel González e a viguesa Susana Álvarez (2h49’06’’),
namentres na categoría masculina estes coincidiron íntegramente cos gañadores
absolutos da carreira.
Na categoría Veteranos B (a partir de 45 anos), os
mellores resultados foron os obtivos polo vigués Miguel Dorado (1h56’58’’), o
redondelano Gonzalo Rodríguez (1h58’54’’) e Fran Blanco (2h02’17’’) de Boiro,
respectivamente. Na categoría feminina, pola súa parte, estas foron María Jesús
Fernández, Isabel Cunha (2h38’25’’) procedente de Vilanova de Cerveira, e a
porriñesa Irene Sobreira (2h56’03’’).
O evento deportivo, que transcorreu sen incidencias, foi
organizado por TimeAventure en colaboración co Concello da Guarda, a Deputación
de Pontevedra e a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario