30 de nov. de 2017

A GUARDA

O Concello promove un novo curso preparatorio  para a obtención do graduado en ESO para adultos

O curso impartirase entre  xaneiro a setembro de 2018 e o prazo de inscricións estará aberto dende mañá e durante todo o mes de decembro


Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda promove un novo curso preparatorio para as probas do graduado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) en modalidade libre. O curso diríxese ao alumnado que non conseguiu o graduado en ESO ou a aquelas persoas que, debido a súa idade, atópanse fora do ámbito escolar.   

 O curso impartirase entre  xaneiro a setembro de 2018 e o prazo de inscricións estará aberto dende mañá e durante todo o mes de decembro. As persoas interesadas poderán inscribirse e obter máis información na Oficina de Información á Xuventude (OMIX), chamando ao 986 614 546, e na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) do Concello da Guarda, chamando ao 986 610 000 ou no correo electrónico emprego@aguarda.es. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario