30 de nov. de 2017

LABORAL

Convocada unha nova xornada de folga contra o desmantelamento da Administración de xustiza 

Están previstas concentracións en todas as ciudades galegas, ás 12:00 horas, diante dos centros de traballo

A imaxe corresponde a unha mobilización precedente do persoal da Administración de xustiza
Foto: CIG

Infogauda / Galicia

 Ante a falta de negociación por parte da Xunta de Galiza, as traballadoras e traballadores da Administración de xustiza continúan adiante co calendario de mobilizacións previsto. Deste xeito mantense a convocatoria dunha xornada de folga para este venres día 1 de decembro en todo o país que afecta ao redor de 2.500 empregados/as. 

 As organizacións sindicais convocantes, entre elas o sector de Xustiza da CIG-Administración, lembran que as mobilizacións iniciadas no sector son a resposta ás discriminacións laborais e salariais que sofre o persoal desta administración en Galiza e "ao desmantelamento que o Goberno do PP está a facer da xustiza”. Subliñan ademais a necesidade de defender un servizo público esencial cuxos recortes afectan a toda a cidadanía, atrasando os tempos de resposta da administración de xustiza.  

Horas e lugares das concentracións 

- A CORUÑA: Edificio Xulgados, rúa Monforte. 12:00 horas.  
- SANTIAGO: Edificio Xulgados, Fontiñas. 12:00 horas.  
- FERROL: Edificio Xulgados, rúa Coruña. 12:00 horas.  
- LUGO: Edificio Xulgados, rúa Armando Durán. 12:00 horas. - OURENSE: Edificio Xulgados, rúa Velázquez. 12:00 horas.  
- PONTEVEDRA: Audiencia Provincial, rúa Rosalía de Castro. 12:00 horas.  
- VIGO: Edificio Xulgados, rúa Lalín. 12:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario