24 de nov. de 2017

A GUARDA

FORMACIÓN

CURSO DE SOLDADURA PARA DESEMPREGADOS  



Informa: Concello da Guarda 

 Dende O Concello da Guarda poñemos en coñecemento de tódolos traballadores desempregados do noso Concello que nuns días dará comezo o  CURSO DE SOLDADURA OXIGÁS E SOLDADURA MIG/MAG, unha acción formativa práctica que vai ter lugar en Forcadela (Tomiño). 

 Trátase dun curso de gran interese por ser unha formación técnica específica con oportunidade de inserción ou mellora laboral. 

 O curso ten unha duración de 678 horas, comezará do 1 de decembro do 2017 e rematará o 21 de xuño de 2018. A formación impartirase na Cerraxería Gándara, en Forcadela (Tomiño), en horario de 15:30 a 20:30 h., e conta con 3 vacantes. 

 Os candidatos deben estar inscritos como demandantes de emprego na Oficina de Emprego de Tui e ter nivel de formación 2 (graduado na ESO). 

 Tódolos interesados en participar nesta formación deberán chamar, antes do 28 de novembro, aos números de teléfono 986 623 110 ou 670 521 542 (Cerraxería Gándara). 

 Dende o Concello da Guarda queremos animar a tódolos traballadores desempregados a aproveitar esta oportunidade de formación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario