O VII Congreso da CIG-Construción elixe a Plácido Valencia Rodríguez novo secretario nacional
No proceso que tivo lugar en Santiago tamén se renovou a Executiva e escolléronse os representantes do Consello Confederal
Plácido Valencia Rodríguez novo secretario nacional, da CIG-Construción
Infogauda / Santiago de Compostela
O VII Congreso da Federación da Construción e Madeira (FCM)
da CIG que tivo lugar este sábado en Santiago elixiu a Plácido Valencia
Rodríguez como novo secretario nacional por 58 votos a favor, ningún en contra,
2 en branco e 1 nulo. Durante o proceso, que se celebrou baixo o lema “Unidade,
dereitos, soberanía. O sindicalismo nacionalista, a ferramenta”, tamén se
renovou a Executiva e escolléronse os representantes do Consello Confederal.
O colexio maior Fonseca de
Santiago acolleu este sábado unha cita na que un total de 59 congresistas
debateron e acordaron as liñas de traballo a desenvolver pola FCM durante os
vindeiros catro anos, ademais de renovar os seus órganos de dirección. Ao
proceso concorreu unha única lista, encabezada por Plácido Valencia Rodríguez,
que resultou elixido novo secretario nacional en substitución de Xosé Xoán
Melón.
Foi precisamente Melón o
encargado de defender o Informe da Executiva saínte, que foi aprobado por 56
votos a favor, ningún en contra e 3 abstencións. No documento faise fincapé en
que este VII Congreso chega tras un período no que as consecuencias da crise
económica golpearon especialmente os sectores e subsectores que integran a
federación, até o punto de que o número de traballadores/as afiliados/as á
Seguridade Social pasou de 148.898 en 2007 aos 71.136 actuais. Ademais, fronte os
constantes anuncios que falan de recuperación os datos amosan que no noso país
unicamente se crearon 2500 empregos no sector nos últimos catro anos.
Ao mesmo tempo, saliéntase que a precariedade xa
se atopa normalizada por causa das diferentes reformas laborais do PSOE e do
PP, polo que os postos de traballo van acompañados de condicións laborais e
salariais cada vez máis deterioradas. <>.
A paralización da obra privada e da edificación,
así como a lentitude na licitación de proxectos públicos, son as principais
problemáticas que lastran o sector da construción e que afectan de xeito
indirecto a moitos dos subsectores dependentes. <>.
Fronte a isto sinálase a necesidade de afondar na metodoloxía de traballo
da CIG, que pasa por combinar a acción sindical coa mobilización.
<>.
Por último, anúnciase a modificación estatutaria que se lle proporá ao
Congreso para a posta en funcionamente dun novo organismo, o Secretariado
Nacional, <>. Tras o preceptivo debate a proposta foi finalmente aprobada
por unanimidade.
Ponencia base de Acción
Sindical
O seguinte en tomar a palabra
foi Plácido Valencia, que se encargou de dar lectura á ponencia base de Acción
Sindical, saíu adiante con 57 votos a favor e tres abstencións. No documento
márcanse as principais liñas de traballo para o futuro: <>.
Con todo, incídese na
necesidade de manter as reclamación e as propostas que a federación vén
expresando dende hai anos, como a redución da xornada laboral a 35 horas
semanais; prohibición das horas extra; concreción das causas da contratación
eventual; incremento das indemnizacións por modificación das condicións de
traballo; garantir o poder adquisitivo dos salarios; maiores garantías para os
delegados/as; impedir a contratación de ETT ou de empresas de servizos;
participación dos delegados/as no relativo á seguridade e saúde; cláusulas de
mellora na xestión da prevención de riscos e de indemnización por accidente e
enfermidade profesional; ampliación das licenzas en caso de necesidade;
regulación de excedencias con reserva do posto de traballo; permisos para a
realización de actividades formativas; definición das actividades nas empresas
para evitar situacións de mobilidade abusivas; fomento de políticas de
igualdade; e incremento dos permisos de paternidade e maternidade.
Para logralo, apóstase por
mellorar na organización e por afondar na participación, xa que <>.
Tamén no que respecta á negociación
colectiva, considérase fundamental incluír cláusulas que garantan a
ultractividade dos convenios e o mantemento do poder adquisitivo.
<>.
Ao mesmo tempo, sinálase que
no contexto actual teñen especial relevancia as medidas encamiñadas a concretar
a xornada laboral para contrarrestar a flexibilidade horaria ou o incremento
das indemnizacións para quen decida non aceptar a modificación das condicións
de traballo.
Ademais, exprésase a
necesidade de afondar en aspectos que regulen subsectores como o da
conservación de estradas, <>.
Por último, apóstase por
perseverar na concreción de acordos de negociación colectiva no ámbito de
Galiza, sexan convenios ou acordos marco. <>.
Intervención do secretario
xeral da CIG
O secretario xeral da CIG,
Paulo Carril, tomou a palabra no acto de clausura do VII Congreso da
CIG-Construción para saudar a nova dirección en nome da Executiva Confederal e salientar
que os procesos congresuais representan “a necesaria posta a punto do noso traballo para
os próximos catro anos co obxectivo de facer unha CIG máis forte e que a clase obreira galega nos dotemos de máis forzas, de
máis organización e de máis capacidade de loita
para avanzar na conquista dos nosos dereitos”.
Así, lembrou que a crise
económica que padecemos está a ser utilizada para afondar no modelo capitalista
neoliberal que representa a Unión Europea “e que fielmente representa o
centralista Estado español, porque así conseguen incementar a sua taxa de ganancia,
baseada na sobrexplotación da clase
traballadora e nunha escalada de ataques aos direitos laborais e sociais”.
Denunciou o feito de que a riqueza
vaia parar a menos mans, que cada vez están máis enriquecidas e máis
concentradas en territorios lonxe de Galiza. “Impóñennos decisións políticas
que rouban e saquean ás maiorías sociais e submeten a máis pobreza ao conxunto
do pobo galego”.
Fixo fincapé en que o noso
país sufre ademais un Goberno e un presidente “que renega de actuar en defensa
dos galegos/as, e que cada día demostra que ten máis vergoña de ser galego
porque está acomodado no seu papel de
servil criado das políticas antisociais e antigalegas que veñen de Madrid e
Bruxelas”.
Como exemplos disto citou a
tramitación do Proxecto de Lei de modificación da Lei de Saúde de Galiza, “que
significa un paso máis na privatización e máis desatención sanitaria da
poboación”; a recente aprobación “antidemocrática e golpista” por parte do PP
da Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, “que base o noso
futuro en competir co mundo en termos máis baixos salarios e que consagra o
espolio, a depredación e a ruína de Galiza”; a determinación de anular a
Iniciativa Lexislativa Popular a favor dunha Tarifa Eléctrica Galega promovida
pola CIG en 2016, e que foi unanimemente
aceptada polo Parlamento; ou a posición en relación ao proceso soberanista
aberto en Catalunya, “ao apostar por sumarse á defensa irracional, violenta e
represora da Constitución de 1978 e de todas as medidas represoras aprobadas
polo réxime español prodrido e corrupto”.
Fronte a isto, chamou a
aumentar os esforzos por levar adiante as propostas da CIG e a ser “atrevidos/as na na formulación das nosas alternativas, para ter máis
presenza nos centros de traballo e para encabezar a mobilización social”. Tamén
a combater e derrotar as reformas laborais “empresa a empresa, sector a sector,
centrando a nosa capacidade reinvindicativa na recuperación dos direitos
laborais e sociais roubados, na derrogación das reformas da negociación
colectiva e na recuperación dos salarios”.
E a aumentar a resposta á
“lacra social” que para a clase traballadora representa o modelo sindical do
pacto social, así como a romper os marcos estatais na negociación colectiva e
construír un Marco Galego de Relacións Laborais e avanzar no dereito a decidir,
“para lograr unha mellora substancial das nosas condicións de vida e das
condicións laborais e sociais e para termos plenas competencias en materia
lexislativa para cambiar a un modelo de relacións laborais que faga posíbel
vivir e traballar na nosa nación”.
Intervención do secretario
nacional da FCM
O encargado de pechar o acto
foi o novo secretario nacional da FCM, Plácido Valencia, que comezou
agradecendo a confianza depositada na Executiva que encabezará durante os
próximos catro anos e fixo unha mención especial ao traballo desenvolvido pola
anterior, así como por todas aquelas persoas que representan á xeración que
puxo en pé o proxecto da CIG e que neste Congreso lle dan o relevo a unha nova
camada de dirixentes.
En canto aos retos de futuro
centrou o seu discurso nos atrancos que se deberán enfrontar nos vindeiros
catro anos, sobre todo no que respecta ao debilitamento da negociación
colectiva, a privatización dos servizos públicos, o empobrecemento xeralizado
da clase traballadora, a violencia “sen complexos” desatada polo PP en
Cataluya, o recurso permanente a medidas penais para solucionar os problemas
sociais e nacionais do Estado e o que definiu como “fuxida cara a adiante” dos
sindicatos estatais.
Para facerlle fronte a esta
situación apostou por penetrar na conciencia da clase traballadora con
“mensaxes claras e á altura do país”; por perfeccionar e modernizar os métodos
de loita, “sabendo que o noso sector é un sector de alta precaridade e
inestabilidade e, por tanto, no que a loita sindical é aínda mais difícil”; por
deseñar instrumentos de negociación colectiva útiles para os traballadores/as e
que, ao mesmo tempo, representen os intereses do noso país, como os convenios
galegos; por organizarnos mellor para respostar as demandas dun sector “coma o
noso, absolutamente enmarañado entre contratas, subscontratas e precaridade de
todo tipo”.
Tamén por gañar as próximas
eleccións sindicais para conseguir que a negociación colectiva “estea nas nosas
mans, non nas mans de quen permanentemente defraudan os intereses dos
traballadores/as da construción pactando calquera cousa coas direccións
empresariais; por redobrar esforzos en aumentar a afiliación e así afortalar o
proxecto sindical; e por darlle un pulo á incorporación da muller tanto ás
estruturas da federación como do sindicato.
Executiva Nacional
Executiva Nacional da CIG-Construción
Tras o proceso congresual, na
que foi aprobada por 59 votos a favor, 1 en branco e 1 nulo, queda formada
polas seguintes persoas:
1. Plácido Valencia
Rodríguez.
2. Ricardo Arias Alén.
3. Xaquín Agulla Gómez.
4. Mario Maceiras Dosil.
5. Alfonso Losada Rodríguez.
6. Eduardo Sebio Molgueiro.
7. Marcos Sánchez Branco.
8. Xulio Vicente González.
9. Xosé Xoán Melón González.
Consello Confederal
Os representantes da
federación neste organismo, que recibiron 56 votos a favor e 5 en branco,
serán:
1. Plácido Valencia
Rodríguez.
2. Xaquín Agulla Gómez.
3. Xosé Xoán Melón González.
4. Marcos Sánchez Branco.
5. Alfonso Losada Rodríguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario