29 de out. de 2017

SALCEDA DE CASELAS

O BNG e Galiza Nova condenan  o acto vandálico que sufriu o monumento ás víctimas do franquismo na Volta da Moura 


Así deixaron os fascistas do 2017, o momumento á memoria das vítimas do franquismo asasinadas na Volta de Moura
Fotos: BNG de Tui e Galiza Nova

Infogauda / O Cerquido (Salceda de Caselas)

 O monumento, obra do artista Marcos Escudero, que lembra aos veciños fusilados polo franquismo en xullo de 1936 apareceu rachado e con pintura verde sobre os nomes das víctimas.   

Así era a praca colocada na Volta da Moura, no monumento promovido pola asociación pola recuperación da memoria histórica Levada Libre de Tui, e inaugurado o domingo día 6 de agosto de 2017.


 Os nomes dos homenaxeados son Arturo, Antonio, José Juan, Nemesio, Víctor, Ramón, José, Saturnino e Joaquín, todos eles sacados pola forza das súas casas e levados á Volta da Moura  para seren asasinados.  

 O BNG de Tui e Galiza Nova condenan este  acto fascista e sinalan que constitúe, non so unha falla de respeto ás víctimas homenaxeadas, ás suas familias e veciños, senón tamén un ataque intolerábel á memoria de quen loitou  e deu a súa vida pola democracia.           

Ningún comentario:

Publicar un comentario