28 de out. de 2017

VIGO

CULTURA

O ESCRITOR FRANCISCO ÁLVAREZ "KOKI" PRESENTA SEU NOVO POEMARIO

"Erótica...(dos). Antología de amor (1980 - 2017)"


Será o vindeiro día 11 de novembro, ás 20:00 h., na cafetería Detrás do Marco, en Vigo


Francisco Álvarez Álvarez (Koki)
© Aguinaldo Fructuoso


Ricardo Rodríguez Vicente / Vigo

 O escritor Francisco Alvarez "Koki" (A Estivada - A Guarda, 1957), presentará na cidade de Vigo, a que polo de agora é súa última publicación literaria:"Erótica...(dos). Antología de amor (1980 - 2017)". 


Portada e contraportada do poemario "Erótica...(dos). Antología de amor (1980 - 2017)", editado por Sial Pigmalión 

 A presentación será o vindeiro día 11 de novembro, ás 20:00 h., na cafetería Detrás do Marco (Rúa Londres, s/nº - Vigo), e ademáis da presenza do escritor e poeta guardés, estará Fernando Franco, xornalista de FARO DE VIGO.

Francisco Álvarez Álvarez (Koki)

 
Autor bilingüe (galego - castelán). Súa andaina literaria comezouna en Galicia e continuouna en New York, a onde chegou en 1984, á procura de un futuro mellor para súa familia e para él mesmo, sen esquecer endexamais súas orixes e súa identidade, como persoa e como poeta. Da súa actividade alén do Atlántico dan boa testemuña os poemarios e obras en narrativa que ten publicado, así como súa participación en libros de varios autores e tamén en antoloxías poéticas.

  Os seus títulos máis recentes en lingua galega son: Ratas en Manhattan (Edicións Sotelo Branco, 2007, narrativa); Para abril e amantes  (Deputación de Pontevedra, colección Tambo de poesía, 2003); Alen dá fronteira (Edicións Egasur  poesía 1999); Mais aló de Fisterre (Deputación de Pontevedra, 1991).  

 En lingua  castelá: poemas en Escritores españoles en los Estados Unidos, edición de Gerardo Piña-Rosales, Academia Norteamericana da Lingua Española (New York, 2007); Entre tu cuerpo y mi cuerpo (Deputación  Provincial de Pontevedra 2006); Seis narradores españoles en New  York (Edicións Dauro Selecta España 2006); Piel Palabra. Muestra de la poesía española en New York (Edición do Consulado Xeral de España en New York  2003); Al fin del siglo, 20 poetas. Antología de poetas hispanos en New York (Ollantay Press, Nova York 2000); Entre dos aguas (Latino Press, Nova York 1995); Quemar las naves. En colaboración co dramaturgo colombiano Miguel Falquez Certain. Primeiro premio de teatro latino en New York Nuevas Voces, convocada por Metlife  Foundation  e Repertorio Español.

Ningún comentario:

Publicar un comentario