Alberto Pazos sobre Carmela Silva: “a Deputación vaina perder pero pola súa nefasta xestión non pola moción de Tui”
• Recórdalle que quen decide o gañador das eleccións municipais non son os partidos políticos, son os cidadáns
José Alberto Pazos Couñago, deputado autonómico do Grupo Parlamentario do Partido Popular
Foto: P. de G.
Infogauda / Pontevedra
O deputado autonómico, José Alberto Pazos Couñago, recoméndalle á presidenta da Deputación de Pontevedra tranquilidade tralas declaracións realizadas esta mañá por Carmela Silva “na que se percibe moi nerviosa, pero debe ter a total seguridade de que vai abandonar a Deputación de Pontevedra pola decisión que van tomar os pontevedreses despois da sua nefasta xestión e que non pode agochar detrás dunha moción de censura totalmente lexitima”.
“Nin o PP nin o PSOE - engade José Alberto Pazos - van decidir quen vai gañar as eleccións municipais de 2019, quen o decide son os cidadáns, así que se preocupe dunha vez por todas, que xa leva máis de dous anos, pola xestión da Deputación que é o que valoran os votantes”.
Pazos recórdalle a Silva que “a moción de censura en Tui foi totalmente democrática e lexítima e recoméndalle que se preocupe máis polos pactos de perdedores que ten o PSOE asinados en moitos concellos desta provincia nos que o único que importou no seu momento foi impedir que gobernara o PP e que agora teñen aos veciños desatendidos”.
Nesta liña explicou que “entendemos o seu enfado porque non é de gusto para ningún partido perder un goberno, pero quizais debería aprender algo do seu compañeiro de partido, o ata hoxe alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que sabía desde o minuto 1 que esta situación se podía producir e o aceptou como unha ferramenta democrática máis”.
O deputado do PP pídelle ademais que “non perda nunca o respecto institucional e que non utilice a Deputación como plataforma política do PSOE, porque a Deputación que preside débese a todos os veciños da provincia, non está ao servizo de un partido político”.
“Que non se esqueza e non se confunda”, conclúe José Alberto Pazos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario