6 de out. de 2017

FOTOGRAFÍA

DANIEL ALVAREZ FONTEROSA, GAÑADOR DO CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIAXANDO

Coa fotografía titulada “Namorados no Interrail”

“Namorados no Interrail”
Daniel Álvarez Fonterosa

Infogauda / O Rosal

 Ás trece horas deste venres día 6 de outubro de 2017, no Concello do Rosal, reuníuse o tribunal cualificador do Certame de fotografía Viaxando propondo conceder o primeiro premio a Daniel Álvarez Fonterosa coa fotografía titulada “Namorados no Interrail”

 Daniel é natural de Amorín en Tomiño e presentou a fotografía no Espazo Xove de Tui. Nos vindeiros días realizarase a inauguración da Exposición con tódalas fotografías presentadas así como a entrega da tableta ó gañador. 

 Compre relembrar que este certame lévase realizando once anos entre as oficinas de información xuvenil dos concellos de O Rosal, Baiona, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Gondomar, Porriño e o Espazo Xove de Tui. 

 As persoas interesadas en visitar a exposición poden facelo de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas, no primeiro andar do Concello do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario