RECANTO DA ARTE
“AS CORES DA ALMA”, DE CAÍNO VASCONCELLOS, LOCEN NA BOA VILA
O pintor baionés mostra súa obra pictórica na sala de exposición do Palacete das Mendoza
O pintor Caíno, na sala de exposición do Palacete das Mendoza
Foto: Loli Estévez Álvarez
Ricardo Rodríguez Vicente / Pontevedra
Unha persoa que ama ao seu pobo, que vive, goza, sofre e traballa día a día, na súa Baiona natal, a vila que está presente na súa obra artística, ten un nome propio: Claudio Vasconcellos Cabral. Caíno, no ámeto artístico, cultural e social.
Ninguén como Caíno soubo reflectir á beleza natural da Abóbriga - que para algúns autores foi o primitivo topónimo de Baiona -, ou de Balcagia, como seica adoitaban chamarlle as tropas de Gaius Iulius Caesar á vila de Erizana.
Caíno coñece tódolos outeiros desde os cales ainda se pode ollar a mansa badía baionesa, súas praias, a Ribeira, o peirao, as Illas Estelas,..., e todo cando á Natureza nos legou desde o comezo da vida, e que o ser humano non sempre acertou a conservar do mellor xeito para ás xeracións futuras.
Todo ese entorno medio ambiental forma parte da memoria de Caíno e tamén da súa obra. Máis o pintor baionés, sinte especial predilección polas persoas. Por esas mulleres e fillos de mariñeiros, polos pescadores,..., de facianas cáseque hieráticas, de olladas perdidas na lonxanía azul do mar e do ceo.
Caíno sinte verdadeira devoción e respecto pola figura humana, e a partires deses valores persoais, tamén crea seres antropomorfos de enigmática beleza.
Obra de Caíno
Foto: Infogauda
Na obra deste artista - debuxante, pintor e poeta - miñorán teñen cabida tamén as imaxes das embarcacions fondeadas no peirao e os reflexos acuáticos que xeran no seu compás de estribor a babor, ou viceversa, co abano da brisa salgada. A mesma que dibuxa riscos nas facianas das mulleres e homes do mar. Os protagonistas da obra do pintor Caíno.
O pintor baionés tamén sinte atracción polas romarías, como á das noces e do mel, polo San Cosme e San Damián, que cada 26 de setembro ten lugar na praza de Santa Liberata, ou a de Santa Marta, na península do mesmo nome, onde o corsario Francis Drake deixou súa perversa pegada.
A paisaxe rural e a mariñeira, tamén ten seu oco na obra de Caíno. Iso demostra claramente que non é un pintor encorsetado, senón todo o contrario. Caíno é un creador poliédrico. Que disfruta co que fai e que comparte súa emoción con tódalas persoas que se achegan a súa labor artística.
E unha mostra da súa producción podémola ollar na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, na Praza de Santa María, s/nº, na cidade de Pontevedra. A Boa Vila, que dá de beber a quen pasa, como gustaba decir ó escritor, poeta e xornalista mindoniense D. Álvaro Cunqueiro Mora.
A exposición que leva por título xenérico “As cores da alma”, e está configurada por 30 obras - maioritariamente óleos - pode visitarse ata o vindeiro día 20 de outubro de 2017, nos seguintes horarios:
De luns a venres, de 8:00 a 20:00 h.
Sábados de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.
Domingos e festivos: de 10:00 a 14:00 h.
Dese xeito, “As cores da alma”, de Caíno, locen na Boa Vila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario