6 de out. de 2017

CULTURA

Os Álbums de Guerra de Castelao na exposición Castelao grafista. Pinturas, dibujos, estampas

A derradeira lección do mestre
Castelao

Infogauda / Redacción

 Ata o 26 de novembro os debuxos orixinais dos álbums Galicia Mártir, Atila en Galicia e Milicianos, obras cumes na produción de Castelao, pódense ver en Madrid, nas salas da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde se celebra a mostra Castelao grafista. Pinturas, dibujos, estampas.  

 Ata o regreso destas obras emblemáticas os visitantes do Museo de Pontevedra poderán contemplar, na segunda sala dedicada a Castelao onde se expoñen, un panel por cada álbum coas reproducións dos debuxos a un tamaño algo maior que os orixinais.

 O Museo, ademais das obras sinaladas, cedeu outros sete debuxos, entre eles catro figurinos para o Ballet Galego que asinou en de 1934 e tres apuntamentos a lapis que resultan moi ilustrativos do modo de traballar do artista e que formaban parte da súa colección persoal e foron expostos por primeira vez na mostra Meu Pontevedra! Castelao 1916-1936 que se celebrou o pasado ano no Sexto Edificio na conmemoración da chegada do artista á cidade do Lérez. Son un debuxo representando a igrexa e casa reitoral de Alba, un esbozo para a súa célebre estampa Cachoupo e un debuxo de cabeza de muller.  

 No catálogo da mostra recóllense tamén outras 26 obras moi significativas que completan a achega do Museo tan relevante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario