7 de out. de 2017

A GUARDA

A FEIRA DE EMPREGO E FORMACIÓN PECHA A SÚA PRIMEITA EDICIÓN 

Con boa acollida das persoas participantes 
  
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, con un grupo de emprendedores que participaron  na primeira Feira de Emprego e Formación “ImaxinActívate” 
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A primeira Feira de Emprego e Formación “ImaxinActívate” rematou esta mañá na Guarda tras tres días cunha intensa programación composta por obradoiros, charlas e mostras orientados aoemprendemento e á mellorempregabilidade das persoas con ideas de novos negocios ou en busca dunha nova filosofía de traballo.  

Algúns dos participantes na  Feira de Emprego e Formación “ImaxinActívate” visitando a mostra do tecido empresarial guardés

 Asistiron unha media de 30 persoas a cada unha das actividades celebradas na Casa dos Alonso durante as mañás e as tardes do xoves e o venres, namentres na mañá de hoxe celebrouse a derradeira charla e unha mostra do tecido empresarial guardés.    

Sonia Fernández, consultora de Recursos Humanos, impartindo un dos obradoiros formativos

 Os obradoiros ofertados, de 4 hora de duración cada un, acadaron o máximo de persoas inscritas durante as xornadas e orientáronse cara a formación dos participantes. Así, os formadores Susana Rodríguez, José Fonterosa e Sonia Fernández aportaron aos asistentes ferramentas útiles e necesarias tanto para emprender como para realizar unha busca efectiva de emprego, tales como a identificacións das posibles fontes de financiamento, as técnicas de marketing dixital (mellora da propia imaxe a da empresa) e a motivación e xestión emocional no proceso a través do adestramento. 

Susana Rodríguez, psicóloga social, coach profesional e promotora de proxectos de intervención social, impartindo unha das charlas divulgativas


 As charlas, pola súa parte, caracterizáronse polo seu caracter divulgativo e participativo. Os participantes puideron compartir as súas experiencias, opinións e/ou dúbidas respecto de temáticas como as formas de traballo colaborativo,  o emprendemento levado a cabo por mulleres e a creación de empresas de nova xeración, coñecidas como start ups.   

 Nesta liña, a artesá Eva Carreira deu conta na tarde do venres do bo resultado de combinar a tradición e as novas tecnoloxías, poñendo como exemplo a súa empresa Zoclos, dedicada á elaboración e venda de zocos galegos modernizados e con variedade de deseños.  

 O peche desta primeira edición da Feira de Emprego e formación viu esta mañá da man do formador Pablo G. Fortes cunha charla motivacional centrada na importancia da actitude como unha cualidade potenciadora das habilidades persoais e o coñecemento adquirido. Deseguido, dez emprededores locais tomaron o testemuño, coa colocacións de expositores e a celebración dunha mesa redonda. OR.PA.GU., AGA Formación, Xardinería San Xerome Emiliani, Alento, Grupo Arlequín, Redeiras Atalaia, Crespum, SAFIT e a deseñadora gráfica Tamara Baz foron as dez empresas participantes na variada mostra do tecido empresarial guardés, durante a que falaron da súa actividade, o seu modelo de negocio e o desenvolvemento das súas empresas.   

  Dada a boa acollida destas xornadas - dixo o alcalde Antonio Lomba Baz -, para as que contamos co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, dende o Concello da Guarda temos a firme vontade de retomar anualmente a celebración da Feira de Emprego e Formación “ImaxinActívate”, como maneira de animar ao emprendemento na nosa vila  á empregabilidade das guardesas e guardeses

Ningún comentario:

Publicar un comentario