25 de set. de 2017

TOMIÑO

V DE VEGETAL PARTICIPOU  NO BIO MERCADO TOMIÑO

¿SABEMOS O QUÉ COMEMOS?  

Vista parcial do Bio Mercado de Tomiño, o domingo día 24 de setembro, na Praza do Seixo
Fotos: Andrea Pousa Barros

Andrea Pousa Barros / Tomiño

 V de Vegetal respondeu a esta e outras preguntas no Bio Mercado de Tomiño, e segue respostando na súa web  así coma nas redes sociais.  

 V de vegetal  estivo presente no Bio Mercado Tomiño, entre outras moitas opcións e alternativas que ofrecía o Bio Mercado, actividades que se realizaron o 24 setembro na Praza do Seixo.  

 Eu elexin ir as microcharlas de V de Vegetal, sen dúbida unha elección acertada. Da man de Silvia Méndez, licenciada en Bioloxía impartironse tres mini charlas: 

A lista da compra bio e saudable. 
Como introducir as plantas silvestres na cociña. 
Técnicas culinarias saudables, a aplicar nos diferentes alimentos, para conservar/potenciar seu máximo potencial en nutrintes e  fitoquímicos. 



 Tres charlas de media hora cada unha, que calificaría de productivas e sobre todo de importante valor informativo en termos de saúde, alimentación e nutrición, e a ligazón que teñen moitas enfermidades potencialmente mortales, cos costumes  alimentarios, a falla de información a hora de faer a compra nos supermercados, e o amplo abano que ofrecen numerosas plantas silvestres que conviven no noso entorno e que en moitas ocasións, por ignorancia desprestixiamos e calificamos como “malas herbas”, descoñecendo o seu alto valor nutricional e seus beneficios para a saúde. 

 Acto seguido, da man de Sergio Meijide os presentes disfrutaron da información acerca da aprendizaxe e interpretación  das etiquetas dos envases alimentarios, baixo a pregunta:  

 ¿De verdade sabes o qué comes? 

 Despois destas charlas impartidas por Silvia Méndez e a súa parella Sergio Meijide, a resposta, eu, que estiven alí é: NON.

 Por iso animo a todos os que teñan oportunidade de asistir a este tipo de charlas, o fagan, e animo os concellos e asociacións a que traballen nas suas axendas de programación con este tipo de enventos, que tanta falta fae. Porque unha das cousas que me quedou moi clara é que non todo o ecoloxico e bio é bó, ou saludable, influen outros termos,…,  e a importancia da preparación da terra nos cultivos,… e así un sen fin de cousas que un sabe, non sabe o coñece a medias. 

 Quero agradecer o Concello de Tomiño esta elección, e este tipo de actividades tan necesarias nos tempos que vivimos, donde unha maioría rema en busca de información coñecemento e concienciación, e outra maioría pérdese nunha sociedade de consumo rápida, adaptada a falla de tempo e que logo tantas consecuencias graves acarrexa. 

 Este tipo de valores e información é o que  debería estar presente no ensino e educación e formar parte dunha materia escolar obrigatoria. 

 ¿Qué é V de Vegetal? (así se definen) 

“En V de Vegetal queremos compartir contigo todos os coñecementos e experiencias que adquirimos e vivimos en relación coa Bioloxía, a alimentación e a nutrición sana e ecolóxica. Damos cursos, conferencias, charlas e talleres. E compartimos diferentes recetas e artigos. Queremos informarte para axudar a ser máis autosuficientes. 


 Cremos que a cultura nos fai libres. Temos tamén unha pequena tenda en liña con utensilios de cociña sen tóxicos, labranza e libros. Queremos pensar que o vexetal V pode chegar a ser un punto de referencia para ti, o coidado da túa saúde e do planeta”. 

 “Aquí falamos de alimentos, nutrición, técnicas culinarias e materiais de cociña. Tamén falamos sobre xardinería orgánica e técnicas agrícolas sostibles e respectuosas, hábitos de vida saudables e ecoloxía e experiencias propias. 

 Os nosos artigos están impregnados de ciencia, ensino, experiencia e sentido común. E de cando en vez tamén nos volvemos rebeldes e levantamos as nosas palabras para ver se nos  escoitan  certos sectores da industria alimentaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario