26 de set. de 2017

MOVEMENTOS SOCIAIS

AS PLATAFORMAS DE EMIGRANTES RETORNADOS DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, O CONDADO E VIGO CONVOCAN UNHA CONCENTRACIÓN

Este xoves día 28 de setembro, en Tui





Plataformas da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornad@s do Baixo Miño, O Condado e Vigo

A AMNISTÍA FISCAL E A ESTAFA OS EMIGRANTES RETORNAD@S

AS DUAS CHAPUZAS DO MINISTRO DE FACENDA CRISTÓBAL MONTORO DO GOBERNO ESPAÑOL DO PARTIDO POPULAR

 O pasado 8 de xuño (2017) o Tribunal Constitucional ven de sentenciar NULA por inconstitucional a amnistía fiscal ilegal que fixera o Goberno do PP no ano 2012. Unha sentencia que chega tarde, -cinco anos despois- tempo límite para que prescribiran os delitos. A cordinadora Galega de Emigrantes Retornados , da cal tamén forma partes as plataformas do Baixo Miño, Vigo e O Condado, denunciamos esta amnistía ilegal dende o comezo da nosa loita, e a pregunta que nos facemos é a seguinte: COINCIDENCIA OU COMPLICIDADE???

 En todo caso o roubado xa é propiedade definitiva dos ladróns, grazas o TC e o PP.

 Esta foi a primeira das dúas chapuzas (calculadas) que denunciamos.

 A amnistía fiscal que o Goberno Rajoy impulsou e que o TC ven de sentenciar que é ilegal, violao Artigo 86 da Constitución española.

 Esta medida extraordinaria para delincuentes de luvas brancas non se podía lexislar por decreto lei, e o Ministro o sabía, sabíao todo o mundo, pero houbo moita présa para salvar aempresarios, políticos, tesoureiros, a realeza, tod@s amig@s... aí estaba a urxencia, aíndasabendo que era ilegal déronlle o visto e prace.

 @s emigrantes  non  aceptamos que siga  dicindo o Partido Popularque grazas a amnistía fiscal España saíu da crise evitando o rescate, pois o certo é que usaron a crise como escusa para estafarnos e aínda que o repeniquen miles de veces, os feitos son teimudos e demostran todo o contrario, quen “SAÍU DO POZO “foron os defraudadores.

 Os emigrantes retornados pensionistas e xubilados caemos na súa emboscada, que nos está causando un dano económico e moral moi importante, a nós e ás nosas familias.

 O PERDÓN ILEGAL DE 2.800 MILLÓNS DE € DA SÚA AMNISTÍA FISCAL ESTÁMOLA A PAGAR OS EMIGRANTES RETORNAD@S COS CARTOS QUE NOS ESPOLIAN SEN PIEDADE DAS NOSAS MODESTAS PENSIÓNS.

 Coa súa amnistía-fiscal-ilegal afloraron a luz 40mil millóns de € defraudados e tan só recadou 1.200millóns de €, un gran fracaso.

 Os máis de 200mil emigrantes galeg@s retornados (mileuristas) aportamos máis cartos o fisco en todos estes anos de saqueo que os máis de 600 empresas e 30mil defraudadores da amnistía fiscal ilegal, aínda que se empeñen e ocultarnos os datos e toda a información.

 As nosas contas son sinxelas, levamos 9 anos obrigados a cotizar,(2008-2016), os máis de 200mil emigrantes galeg@s, mil euros por cabeza, recadación 200 millóns de € ano, multiplicado por 9 anos cotizados, temos un resultado total de 1.800 millóns de euros , bastante máis do que o  governo actual  racadou coa amnistía fiscal ilegal.

PLAN DE REGULARIZACIÓN E A LEI 26/2014 DA REFORMA FISCAL DO PP
 A outra gran chapuza que comenteron cos emigrantes retornad@s pensionistas e xubiladosmetendo en marcha o “PLÁN B” , O PLÁN DE REGULARIZACIÓN DO PP e apechando, coa Lei 26/2014 DA REFORMA FISCAL (anos2013-2014).

 Unha reforma fiscal que non reforma nada, só permite LEGALIZAR A ILEGALIDADE que están a cometer cos emigrantes retornados, e ÁBRELLE A PORTA que vaipermitir a estafa legal/ilegal dos cartos das nosas pensións de por-vida.

 Unha chapuza máis,  SEN NINGÚN TIPO DE INFORMACIÓN, da noite para a mañá, por sorpresa e con abuso de poder, multas, sancións, xuros, milleiros de euros, dez días de prazo para pagar e senón embargo de bens e contas bancarias, alfombra vermella para os delincuentes-defraudadores e man de ferro para os emigrantes retornados.

 O Partido Polular  sabe moi ben que ESPAÑA NON NOS DA NADA, ás nosas pensións gañámolas traballando en países estranxeiros e COTIZANDO sempre os nosos impostos, que son os que nos dan o DEREITO a cobrar ás pensións e que chegan todos os meses coa luz do día,vía conta bancaria, cartos que chegan o Estado español limpos de pó e palla e seguimos creando riqueza.

 Nós non somos un problema, o problema é o goberno actual.

 Catro anos de LOITA, mobilizados polas rúas do país, concentracións, manifestacións,propoñendo cambios e modificacións da lei tributaria e solicitando xustiza e igualdade nasinstitucións, parlamentos galego, español e europeo, para tratar de rematar coa discriminación a que estamos sendo sometid@s e que non chega, por que o PP non quere.

 Estamos fart@s, hai moito enfado, enfurruñamento, rebote, crispación, A IN-XUSTIZA.

 Transcorridos catro anos, como non chega unha solución definitiva ao noso conflito co fisco dosmáis de 200mil galegas e galegos.

 E POLO QUE ESIXIMOS A DIMISIÓN DO SR. MINISTRO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS CRISTÓBAL MONTORO COMO IMPULSOR E RESPONSÁBEL DA AMNISTÍA FISCAL DO GOBERNO DE MARIANO RAJOY e que o Tribunal Constitucional declarou ILEGAL.

 E TAMÉN COMO IMPULSOR E RESPONSÁBEL DA LEI 26/2014 DA REFORMA FISCAL E DA REGULARIZACIÓN DO PP (PLAN MONTORO) PARA ESPOLIAR AS PENSIÓNS DOS EMIGRANTES RETORNAD@S, E QUE NÓS NON RECOÑECEMOS, MENTRAS NON SE MODIFIQUE A LEI 35/2006 DO IRPF QUE NOS DISCRIMINA NO PAGO DOS TRIBUTOS, TENDO QUE PAGAR POR IDÉNTICOS INGRESOS MÁIS QUE CALQUERA OUTRO CONTRIBUÍNTE DO ESTADO, VULNERANDO A CONSTITUCIÓN E A CARTA DOS DEREITOS HUMANOS.

 Con todo isto as Plataformas do Baixo Miño, O Condado e Vigo convocamos unha concentración este xoves 28 de setembro na Praza da Inmaculada, diante do Xulgado Número 1 a partir das 11:00 onde daremos a coñecer as nosas xustas reivindicacións.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario