CONTINÚA O CICLO CONCERTOS NAS PARROQUIAS, 2024
Coa banda de música Agrupación Musical de A Guarda
• O sábado 5 de outubro, ás 18:00 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
A Agrupación Musical de A Guarda continúa co seu ciclo Concertos nas parroquias, 2024.
Dese xeito, logo da magnífica acollida dispensada polo respectable público, a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, no concerto celebrado na praza de Salcidos, na tardiña do último sábado de agosto; as persoas amantes da boa música teñen unha cita coa devandita banda, o sábado día 5 de outubro, ás 18:00 horas, na Casa de Montes de Camposancos.
Tendo en conta que á veciñanza de Camposancos sempre tivo a mellor disposición para desfrutar coa boa música de todos os tempos; o concerto que vai ofrecer á banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, motivará, con certeza, que ese evento rexistre un novo éxito dos Concertos nas parroquias, 2024. Iniciativa promovida pola Agrupación Musical de A Guarda, que conta coa colaboración do Concello de A Guarda. E nesta ocasión, tamén coa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario