27 de set. de 2017

SAN MIGUEL DE TABAGÓN (O ROSAL)

SANTIAGO RUIZ: O ROSALEIRO QUE PUXO O VIÑO DO ROSAL NAS MELLORES MESAS DO MUNDO


Nas imaxes, podemos ollar á antiga adega - hoxe convertida en Museo do Viño - que a familia de Santiago Ruiz, conserva en San Miguel de Tabagón (O Rosal) 
Fotos: Santiago Baz Lomba


Ricardo Rodríguez Vicente / San Miguel de Tabagón 


 O vindeiro día 29 de setembro - festividade de San Miguel - fará anos que este cronista tivo o enorme honor de poder conversar con unha persoa moi especial. Un home que herdara na súa xenética o amor pola vitivinicultura. Un profisional da venda que na súa andaina laboral vendeu desde maquinaria industrial ata seguros. Un rosaleiro que logo de xubilarse, adicou súa intelixencia e seu bon facer, a producción, comercialización e difusión do viño do Rosal, en xeral, e máis concretamente do que leva seu nome: Santiago Ruiz.

 Compre salientar que xa en 1860, o abó materno de D. Santiago Ruiz, foi un pioneiro, non soio en elabourar, senón en etiquetar viños en Galicia. Súa marca - Canosa - xa situaba dalgún xeito no mapa, á zoa de procedencia dos seus viños blancos e tostados.

 Máis sería Santiago Ruiz, o que logo de cumplidos os 70 anos, e libre de compromisos laborais, decidiu adicarse a súa vocación de adegueiro e defensor das variedades Albariño, Caíño, Loureiro e Treixadura.

 Santiago Ruiz, foi un verdadeiro embaixador dos viños da D. O. Rías Baixas, e máis concretamente dos viños da Subzoa do Rosal.

 Afable, educado e gran comunicador, Santiago Ruiz tivo como aliados os xornalistas, especialmente os que informan sobre gastronomía. E que como el mesmo nos dixo, se tivera que pagar polos espazos que lle adicaron, non tería orzamento suficiente para elo. Esa realidade e esa confesión, dín moito e moi ben, de como era D. Santiago Ruiz. Este cronista púdoo comprobar personalmente na visita que lle fixemos un sábado día 29 de setembro de fai uns cantos anos - temos a data concreta no noso arquivo persoal de fotografía analóxica -, en que nos abriu a porta da súa adega e nos amosou con todo detalle o seu soño feito realidade. Verdadeiro tesouro de un home emprendedor, que anos máis tarde, tería seu merecido recoñecemento institucional cando o concello rosaleiro, nunha da primeiras edicións da Feira do Viño do Rosal, lle adicou unha rúa. Xustamente a que da acceso a súa vivenda e a súa adega, en San Miguel de Tabagón (O Rosal).

 Xa daquela, súa filla menor Rosa Ruiz, que lle axudaba nalgunhas tarefas, estaba chamada a ser a continuadora do legado e da filosofía que lle inculcou seu pai. E así ven sendo.

 Si tivéramos que resumir dalgún xeito á visita que aquel 29 de setembro lle fixemos a D. Santiago Ruiz, diríamos: Que era un defensor á ultranza da asepsia na elaboración dos viños, e que ademáis de un gran comunicador, tiña moi claro que non hai viños xóvenes, senón viños inmaturos. Santiago Ruiz, afirmaba que non é de recibo que os viños se embotellen e se comercialicen no mesmo ano da colleita. El afirmaba que os viños había que embotellalos na primaveira do ano seguinte. Non antes.

 Poderíamos decir moito máis, pero non é ese noso propósito. Esta crónica de hoxe vai en lembranza saudosa de un home - Santiago Ruiz - que sempre se lle recordará pola súa labor de difusión da calidade dos viños do Rosal.

 Santiago Ruiz puxo os seus viños do Rosal nas mellores mesas do mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario