A campaña “Devólvelle a confianza” de CAAN anima á adopción de animaismaltratados
Infogauda / A Guarda
O Centro de Acollida e Protección de Cans
Abandonados (CAAN) da Deputación de
Pontevedra, do que o Concello da Guarda é membro, inicia unha campaña de
rehabilitación de animais maltratados, co fin de fomentar a adopcións daqueles
animais vítimas de danos e sufrimento tanto físico como psicolóxico.
Baixo o lema “Devólvelle a confianza”, a
campaña pon o foco neste grupo de animais por ser os máis vulnerables e chama á
adopción como unha alternativa prioritaria que permita a súa rehabilitación.
Que se pode considerar maltrato?
O CAAN atende unha media anual de 50 animais
procedentes de situacións de maltrato, retirados ou incautados polas
autoridades. A súa atención e coidado
son algunhas das funcións máis completas e importantes que asumen os refuxios e
centros de recollida, xa que o seu labor é fundamental na recuperación e
reinserción dos animais.
O centro pertencente á Deputación de Pontevedra
desenvolve, ademais, un papel fundamental na elaboración de informes periciais
que advirten sobre o estado dos animais, os danos producidos e as súas
consecuencias, e colabora coas autoridades administrativas e xudiciais
napersecución do delito. Os máis comúns están relacionados con situacións de
abandono, mala alimentación, enfermidade ou cans permanentemente encadeados.
En moitas ocasións, a estancia dos animais maltratados
nos centros de acollida prolóngase por restricións temporais para a acollida e
cesión, a causa de actuacións administrativas e xudiciais contra as persoas
causantes do maltrato. Unha vez que sexa permitida polas autoridades xudiciais,
a adopción dos animais maltratados é prioritaria, xa que aqueles que presentan
alteracións emocionais precisan dun ambiente estable e tranquilo que lles
proporcione seguridade
O Centro de Acollida e Protección
Animal
O Centro de Acollida e Protección Animal (CAAN) púxose
en marcha no ano 2013, contando na actualidade con 49 concellos adheridos,
entre eles o Concello da Guarda. As instalacións do centro atópanse en Lugar do
Busto, na parroquia da Armenteira do Concello de Meis.
O CAAN realiza numerosas campañas dirixidas a
concienciar á sociedade do bo trato e os coidados que lles han de dispensar aos
animais domésticos, conseguir que a adopción se converta na alternativa
principal ou a necesidade de que leven o seu microchip de
identificación.
Aquelas persoas interesadas en adoptar poden acudir ao centro no seu horario de apertura (de luns a venres de 12 a 19:30 horas e
sábados de 11 a 14 horas) e solicitar información a través no teléfono 986 140
360 ou ben a través da súa páxina web.
Ningún comentario:
Publicar un comentario