“De Pontevedra a Río 2016”
A MOSTRA EN HOMENAXE AOS DEPORTISTAS OLÍMPICOS PÓDESE VISITAR NO CENTRO CULTURAL DA VILA
Amais dos membros da corporación local e provincial, tamén acudiron ó acto de inauguración representantes de entidades deportivas da localidade e a atleta guardesa Julia Vaquero Sousa
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A exposición fotográfica “De Pontevedra a Río 2016” inaugurouse o pasado mércores no Centro Cultural contando coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, o concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González, a deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes Álvarez e a deputada provincial de Deportes, Consuelo Besada Lores.
Amais dos membros da corporación local e provincial, tamén acudiron ó acto de inauguración representantes de entidades deportivas da localidade e a atleta guardesa Julia Vaquero Sousa, unha das máis destacadas deportistas galegas, especializada nas modalidades de larga distancia e campo a través e que conserva despois de 20 anos o récord absoluto de España en 5.000 metros.
“De Pontevedra a Río 2016”
A exposición, ideada pola Deputación de Pontevedra como homenaxe aos deportistas olímpicos e paralímpicos dos Xogos de Río 2016, permanecerá aberta ó público ata o vindeiro 9 de setembro, no horario de verán do Centro Cultural (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario