3 de set. de 2017

A GUARDA

A XUNTA DE GALICIA COMPROMÉTESE A COFINANCIAR A CONSTRUCCIÓN DUNHA NOVA ESCOLA INFANTIL NA GUARDA 

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Servizoz Sociais, Sanidade e Igoaldade, María Teresa Vicente Baz, no acceso a unha das aulas do antigo colexio público Manuel Rodríguez Sinde
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do concello guardés ven se gacer público que “dende comezos da lexislatura no ano 2015, véñense mantendo xuntanzas entre o Concello da Guarda, o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e a Consellería de Política Social nas que o alcalde da localidade, Antonio Lomba Baz, reclama á inclusión da escola infantil municipal na rede de escolas infantís Galiña Azul xestionadas polo Consorcio, así como o aumento de prazas para nenas e nenos de entre 0 e 3 anos.   

 Dende o Concello, a instancia do Conselleiro, estudáronse dúas opcións para a ampliación das prazas dispoñibles na nosa localidade: a ampliación da escola infantil xa existente ou ben a construción dunha nova escola, habilitando o edificio das antigas vivendas dos mestres no antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde. Tanto dende o punto de vista técnico como económico, o goberno local considera como mellor proposta a construción dunha nova escola, o que permitirá, ademais, a recuperación dun edificio emblemático da Guarda.   

Antonio Lomba Baz e María Teresa Vicente Baz xunto ó inmoble das antigas vivendas dos mestres no antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde, en pleno centro urbán da vila


 Na reunión mantida o pasado mércores en Santiago de Compostela, e da cal informamos neste xornal dixital, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Servizos Sociais, María Teresa Vicente Baz, trataron os temas relativos os centros intantís arriba mencionados. Nesta liña - segundo informan desde o executivo municipal do concello guardés - , o conselleiro adquiriu o compromiso de cofinanciar a construción dunha escola intantil na Guarda.  

 Con todo, o Concello - tal e como afirmou o alcalde Antonio Lomba Baz - encargará nos próximos días o proxecto de execución do novo centro, que contará co asesoramento dos técnicos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, co obxectivo de dar a coñecer nun breve prazo o custo total da obra á Consellería de Política Social e, deste xeito, poder ser tidos en conta nos orzamentos da Xunta de Galicia para o próximo ano, no caso de que o Goberno autonómico o estime oportuno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario