3 de set. de 2017

GONDOMAR

A Xunta de Galicia inicia o vindeiro mércores a construción do centro de saúde de Gondomar 

O novo edificio conta cun presuposto de máis de dous millóns de euros 

O centro de saúde dará cobertura a 10.600 persoas  

Infogauda / Gondomar

 A Xunta de Galicia comeza o vindeiro mércores coas obras de construción do centro de saúde de Gondomar, trala adxudicación do contrato, a principios do mes de agosto. Conta cun presuposto de 2.355.755,70 de euros.

Este novo centro centro da rede sanitaria pública galega, atenderá unha poboación de 10.600 persoas e vai contar con seis consultas de medicina xeral e seis de enfermería. Ademais haberá unha consulta de matronas e outra sala de educación maternal, unha sala de toma de mostras, outra de espera, unha sala de técnicas e dúas polivalentes.
 A área de pediatría contará cunha consulta, unha sala de espera propia, unha consulta de enfermería pediátrica e un aseo. Finalmente, nas zonas de administración e outros usos construiranse unha área de admisión, un arquivo de historias clínicas, dous almacéns, unha sala de caldeiras, outra de estar para o persoal e aseos, tanto públicos como para o persoal. Ademais haberá unha sala de xuntas e biblioteca.
 As obras de construción deste novo centro de saúde en Gondomar, contarán cun prazo de execución de 14 meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario