18 de ago. de 2017

RANDUFE (TUI)

XXXII SEMANA CULTURAL ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA “XUNTANZA”

Terá lugar o día 27 de agosto e dende o 1 ata o 6 de setembro




Asociación Cultural e Deportiva “XUNTANZA” / Randufe (Tui)

Estimado/a socio/a: 

 Xa está aquí a XXXII Semana Cultural 2017, que terá lugar o día 27 de agosto e dende o 1 ata o 6 de setembro.  Este ano contaremos con:  

- Teatro con ANIMAR-T e contacontos coas FEDELLAS para os máis pequenos da casa. 

- As televisivas ALDAOLADO tráennos unha forma diferente de recitar poesía con moito humor, música e retranca. 

- Festival Folclórico a cargo de XUNTANZA, grupo folclórico de VINCIOS e o noso grupo de ACORDEÓNS. 

- Folk tradicional con AIRIÑOS DA PENEDA de Redondela, non volo perdades! 

- Actuación da famosísima TURRE’S BAND, que amenizará a noite do sábado día 2 con ÁUREAS, que veñen de gañar o premio Martín Codax na categoría de música de verbena. Que mellor que gozar da nosa xa tradicional FESTA GASTRONÓMICA acompañados/as de boa música? 

 Por si fora pouco, esta noite vamos vir disfrazados como se fora unha festa dos anos 20, tipo CHARLESTÓN. Todos os que veñades disfrazados participaredes no sorteo directo dunha cea. Recolle o teu ticket no stand habilitado. 

- Pop-Rock para os máis marchosos, co grupo os ESQUECIDOS. O grupo naceu en Randufe e algúns dos seus compoñentes eran integrantes de LEYENDAS. 

- Tamén teremos o “Gran circo Randulfini” a cargo do noso grupo de teatro CHIRLOMIRLO. 

- Como non? Os esperados PLAYBACKS con grandes sorpresas e música do momento. Este ano colabora con nós o “GRUPO DE PLAYBACK AGARIMO DE TORNEIROS”.    

 Para os máis pequenos teremos o día 2 de setembro INCHABLES e non vos esquezades da XXXI CARREIRA POPULAR e da XXIV MARCHA CICLISTA para os máis deportistas! 

 Todos os que queirades participar na carreira popular tedes que remitir un correo electrónico á dirección de acdxuntanza@gmail.com indicando nome, apelidos, data de nacemento, localidade, DNI e teléfono.   


 Como ben sabedes, participar nesta Carreira Popular é gratis. Por suposto, este ano tamén o será. Pero a Asociación Xuntanza de Randufe porá en marcha unha Operación Kilo aos pés da carreira para recoller alimentos non perecedoiros coa finalidade de colaborar coa ONG SOS TOMIÑO.  

 Polo tanto, pedimos que aportedes un graíño de area e depositedes unha pequena colaboración ao recoller o seu dorsal. Grazas de antemán!  

 Exemplos dos alimentos máis necesarios cos que colaborar: cacao, leite, comida para bebés, café, atún, leite en polvo,...  

 NOTA: Toda a semana haberá un stand habilitado para repartir as rifas para o sorteo dunha cea. Solo unha por socio/a totalmente de balde. O sorteo celebrarase o último día da semana cultural. 

 Tamén agradecemos que pasen por dito stand os socios/as que non son da parroquia, e non teñan o recibo domiciliado, para o pago do recibo de socio do ano 2017.  

 Xuntamos o programa para que non vos perdades nada da nosa, tan esperada e desexada, SEMANA CULTURAL, porque temos de todo para todos/as.  

 VÉN Á SEMANA CULTURAL 2017 DE XUNTANZA, AGARDÁMOSTE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario