29 de ago. de 2017

PONTEVEDRA

AVISO FITOSANITARIO EXTRAORDINARIO 29/08/2017  

Gromos tenros secos  

Estación Fitapotóloxica do Areeiro / Pontevedra

BUXO 
Cydalima perspectalis  

 En moitas sebes pódese ver a certa distancia cómo parte dos gromos máis tenros están secos. De cerca poden observarse nestes gromos os excrementos e os buracos de alimentación das eirugas desta especie, que neste momento están, na súa maior parte, nos seus estados iniciais. Ademais, tamén é posible observar algúns adultos apoiados nas sebes, así como algunhas postas. Polo tanto, despois destas precipitacións será conveniente aplicar un tratamento para evitar defoliacións severas. 

Detalle de excrementos e signos alimentacion  
Eiruga de Cydalima e capsulas cefalicas 0,75x

 Lembren que os produtos autorizados son os piretroides (de orixe química), ou o aceite de parafina e o azadiractin (de orixe natural), e que hai que ser moi pacientes na aplicación e procurar mollar moi ben a planta.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario