25 de ago. de 2017

O ROSAL

XXVIII FESTIVAL DE MÚSICOS XOVES

Será agora o turno das bandas este sábado día 26 de agosto ​na Praza do Calvario a partires das 20:30 h.​


Agrupación Musical do Rosal

 De novo este fin de semana continuamos co Festival de Músicos Xoves, que este ano desenvolveuse en dous fins de semana distintos.    

​ Será agora o turno das bandas este sábado día 26 de agosto ​na Praza do Calvario a partires das 20:30 h​. 

 P​or esta importante cita musical do verán rosaleiro, que se ven celebrando dende o ano 1989​, pasaron pola localidade do Rosal algunhas das bandas de máis prestixio​.​ 

 Este ano contaremos coa participación de dúas interesantes formacións, dirixidas ambas por rosaleiros que iniciaron as súa formación musical na Agrupación Musical do Rosal. Intervirá en primeiro lugar a banda de música Agrupación Musical da Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta. A continuación participará a Banda Sinfónica Arroyo de la Encomienda (Valladolid), dirixida por José Manuel González Diego e porá remate a este acto a Agrupación Musical do Rosal, dirixida por José Javier Bascoy Iglesias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario