TRIBUNA ABERTA
¡¡¡DE PENA!!!
Cando dende o Concello se fala de non solapar unha actuación con outra, todos/as veciños, asociacións, comisión de festas e/ou grupos políticos, pensábamos que o Grupo de Goberno do PSOE, e especialmente o Departamento de Cultura, tamén estaba incluido, pero os feitos veñen demostrando que iso só é para os demais.
Xa non queremos facer un listado, donde as actuacions programadas dende o Concello, teñen servido para dividir ou separar a asistencia a outros actos levados a cabo por outros entes, e iso sin ter que comprobar si moitas programacións non son preparadas despois de ter coñecemento a traveso do Rexistro Xeral do Concello dalgún acto.
De todos/as é coñecido o esforzo das distintas Comisións de Festas para recadar o diñeiro necesario para desenrrolar as dos distintos barrios, sendo unha fonte de ingresos sumamente importante, a recollida de doazons en especie para face-las poxas.
A maioría das Comisións de Festas, teñen entregado con suficiente antelación a súa programación para os actos de cada ano, ainda que as case sempre son as mesmas e poden variar nun fin de semán, pero concretamente, as que se celebran no mes de agosto, están bastante claras nos tres fins de semán. San Queitano, Monte e San Roque, iso é fixo no calendario, pero ademais se hubera algunha dúbida, no é tan difícil comunicar e clarexar ca respectiva Comisión de Festas.
Pois ben, todo o anterior, é un preámbulo para deixar claro e facer de coñecemento público, o gran enfado que está amosando a Comisión de Festas de San Roque, dado que un dos días máis importante para o finanzamento da festa, o día das poxas, e no mesmo horario, pero na outra punta do pobo, no Auditorio de San Bieito, se desenrrola un programa interesante, o que vai provocar a división de asistencia de vecinos/as e visitantes.
En fin, unha pena, pero así están as cousas, e cando son os demais os que preparan un acto, é contra-programación, pero ¿Cómo se chama cando o fai o Concello?
Que cada quen saque a súa conclusión. De pena.
A Guarda, a 08 de agosto do 2017
Celso R. Fariñas
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Tiene usted toda la razón Sr. Fariñas, en este ayuntamiento se calibran las cosas dependiendo de quién vengan. Y por supuesto que el concello puede hacer todas las contraprogramaciones que le dé la gana, pasando por encima de toda asociación o grupo que no tengan que ver con la concelleira de cultura.¡Así están las cosas!La ley del embudo!.
ResponderEliminar