17 de ago. de 2017

A GUARDA

Máis de 500 persoas xa visitaron a exposición “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT” 


Casa dos Alonso, na Praza do Reló (A Guarda) 
Fotos: C.A.G.  

Infogauda / A Guarda

 Máis de medio milleiro de persoas xa visitaron a exposición “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT”, conmemorativa do centenario do Museo Arqueolóxico do Monte San Trega, dende a súa inauguración o pasado 27 de xullo.   


 Pasados xa 20 días dende a apertura das súas portas, foron máis de 500 persoas as que se achegaron a coñecer un pouco da historia do noso pobo a través da mostra. Unha parte da historia marcada polo primeiro museo arqueolóxico de Galicia, sempre vinculado á actividade que realizaron os seus creadores da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla. 


 Todas aquelas persoas que desexen coñecer o noso pasado, poderán achegarse a visitar a mostra ata o día 27 de agosto. O horario de apertura ó público é, de martes a sábado, de 12:00 a 14:00 horas e de 19;00 a 22:00 horas, e os domingos e días festivos en horario de mañá (de 12:00 a 14:00 horas) na Casa dos Alonso. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario