1 de ago. de 2017

A GUARDA

CURSO DE MUSICOTERAPIA NA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO

A duración do curso é de 35 horas, que se impartirán todos os mércores dende o 6 de setembro ata o 29 de novembro, en horario de 18:00 a 21:00


Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 O mércores día 6 de setembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa “Conectadas 2017” da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de Musicoterapia. 

 Este curso está encamiñado a potenciar a participación e promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade. Como obxectivos do curso destacamos: 

- Coñecer as posibilidades que ofrece a música como ferramenta de intervención lúdica, educativa e terapeútica. - Traballar a memoria e as emocións. 
- Mellorar o estado físico e anímico do corpo e a mente e previr o malestar físico. 
- Fomentar condutas sociointegradoras e espazos de intercambio de experiencias. 
- Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.   

 A duración do curso é de 35 horas, que se impartirán todos os mércores dende o 6 de setembro ata o 29 de novembro, en horario de 18:00 a 21:00.   

 Inscríbete xa!   

 Para máis información: 

Asociación Érguete Baixo Miño 
Rúa Colón, 20 
A Guarda (Pontevedra)
Teléfono.: 986 614 407 
Enderezo electrónico: info@erguete.org   

Ningún comentario:

Publicar un comentario