5 de xul. de 2017

LABORAL


               CONVENIO DE METAL

 Levamos 11 xuntanzas da Negociación do convenio Provincial do Metal de Pontevedra, nelas non se avanzou practicamente nada, a patronal segue inamovible nas súas pretensións, non contemplando ningún das nosas propostas inda que xa fixemos o esforzo de reducilas, quedando as seguintes propostas.

• Recuperar a cláusula de revisión salarial que desapareceu do convenio, pola que no ano 2016 perdeuse un 0,35% de salario mensual, uns 5€ mes, que tampouco foron incluídos no salario base das nóminas deste 2017. Nestes intres o IPC (índice de prezos o consumo) do mes de maio do 2017 está nun 2.5%.

• Recuperar a perda de poder adquisitivo que tivemos nestes últimos anos, e que foi dun 2.75%.

Por iso estamos pedindo incrementos lineais para todos os traballadores e traballadoras como mínimo de 600€ (3,5%).
• Subrogación das Empresas, si temos un posto de traballo de mantemento nunha empresa publica ou privada, o remate da concesión si o traballo continua temos que ter dereito a ser subrogados nas mesmas condicións que tiñamos pola nova empresa que entre, isto beneficia tamén as Empresas de aquí, si a Empresa que veña ten que pagar o mesmo non lles vai interesar vir, polo que as Empresas tamén saen beneficiadas desta subrogación.

• Plus por traballos especiais, Clarexar o texto para saber cando tes dereito a cobrar os supostos de tóxico, penoso ou perigoso, co texto que temos na actualidade tes que acabar no xulgado para poder cobralo.

• Desprazamentos dignos. Que nos desprazamentos teñamos unha dieta que cubra as necesidades básicas o mais parecidas as que temos nas nosas casa, e que os preavisos para ir desprazados sexan como mínimo de 10 días en desprazamentos superiores a 3 meses, e de 5 días nos de menos de 3 meses.

• Xornada reducir a xornada en 2 días, temos unha das xornadas mais altas de Galiza, e levamos 15 anos coa mesma.

• Licenzas. Adaptar e mellorar as licenzas e permisos do convenio.

A proposta da patronal na última reunión foi:
• 1º Vixencia 3 anos.

• 2º Artigo 12, plus de eventualidade pagalo o final (como ocorría antes, o rematar o contrato si reclamabas esa indemnización non che renovaban o contrato).

• 3º Nos contratos de formación pagar en proporción o tempo traballado (baixarlle o salario de 707,70€ a 530,95€).

• 4º Empresas multiservizos, meter unha redacción para impedir que poidan prestar servizos na Provincia. (a única proposta nosa que poden aceptar).

• 5º salarios, ano 2017 — 1,6%, ano 2018 — 1,25% e ano 2019 — 1%

Como podedes comprobar a resolución deste convenio inda esta lonxe, coas propostas desta patronal cada vez seremos mais pobres polo que no mes de xullo si non avanza a negociación empezaremos con mobilizacións.


(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario