28 de xul. de 2017

ENSINO

A Consellaría aproveita o verán para recortar aulas e postos de traballo no Ensino Público da comarca de Vigo



 A Consellaría segue adiante coa política de desmantelamento do ensino público, antepoñendo os criterios economicistas á calidade da educación. Un desmantelamento que incide especialmente no ensino infantil, na atención ás necesidades educativas específicas e que vai redundar na masificación das aulas debido ao incremento das rateos e a imposibilidade de realizar desdobres,
 O mércores 26 de xullo, en pleno verán, a Consellaría de Educación volve recortar unidades e postos de traballo, incidindo un ano máis no que ven sendo unha práctica habitual do goberno galego.
 As cifras de peche de aulas e de redución de postos de traballo non se ven para nada compensadas polo escaso incremento de postos de traballo que tamén se inclúen na orde que actualiza os cadros de persoal dos colexios galego.. Na realidade estes postos e aulas non van supoñer ningún incremento no total de persoal docente en activo, xa que se trata de postos que xa estaban operativos e que agora se oficializa no DOG a súa creación aos efectos de seren ofertados no próximo concurso de traslados.
 A este recorte anunciado hoxe hai que sumar o recorte de 31 postos de traballo realizado nos Concellos de Outes, As Pontes, O Porriño e Ribadavia do que xa dimos conta o 18 de xullo.
 A estas cifras engádense ás de anos anteriores resultando que, en seis anos, a Consellaría de Educación leva suprimidas 64 escolas e 437 unidades. Todo isto mentres se manteñen ou incrementan os orzamentos destinados ao ensino privado.
 Na comarca de Vigo a Consellaría suprime 12 postos de traballo, 9 de Educación Infantil: CEIP Pena de Francia Mos-, CEIP Fermín Bouza Brey –Ponteareas-, CEIP Feliciano Barrera-Ponteareas-, CEIP de Santo Paio de Abaixo –Redondela-, CEIP Chans-Bembrive, CEIP O Sello, CEIP San Salvador, CEIP Vicente Risco en Vigo.  3 de Educación Primaria, 2 no CEIP A Doblada e 1 CEP Igrexa-Valadares.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario