27 de xul. de 2017

DEPORTES

O Torneo 3x3 de Baloncesto Vila da Guarda recada 50 quilos de alimentos para o Banco municipal 

O equipo “Os Sobaos” resultou gañador no torneo
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado sábado 22 de xullo celebrouse nas pistas deportivas do Centro Cultural o III Torneo 3x3 de Baloncesto Vila da Guarda, para cuxa inscrición os participantes debían aportar unha bolsa de alimentos. En total, recadáronse preto de 50 quilos de comida, con destino ó Banco de Alimentos municipal, polo que o Concello desexa agradecer a solidariedade amosada polos implicados nesta iniciativa. 

 O conxunto vigués “100 tolos” foi o máis premiado
O grupo “LRZ” completou o podio

 O equipo “Os Sobaos” resultou gañador no torneo, tras a final contra o conxunto vigués “100 tolos”. Este último, campión na pasada edición, resultou ser o grupo máis premiados: recibiu os premios ao equipo máis anotador e ao máis defensivo; amais, Manuel Colmeiro, membro deste, foi elixido como mellor xogador na competición. Completou o podio o grupo “LRZ”, tras as semifinais contra o equipo guardés, “Minho’s Finest”

Foto de familia dos participantes no III Torneo 3x3 de Baloncesto Vila da Guarda

 O “DAAV”, composto exclusivamente por xogadoras, foi premiado como o grupo con menos faltas cometidas durante os encontros, mentres no concurso de triples, Adrián Blanco foi o merecedor do recoñecemento. 

 Dende o Concello da Guarda, agradécese especialmente a labor realizada polos colaboradores que fixeron posible esta nova edición do Torneo 3x3 de baloncesto Vila da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario