19 de xul. de 2017

A GUARDA

Concello, Xunta de Galicia e Atlético Guardés reúnense para concretar as obras de urxencia no pavillón da Sangriña

O encontro terá lugar este xoves día 20 de xullo, na Casa do Concello de A Guarda
  

O alcalde Antonio Lomba Baz recibirá este xoves á Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, e ao presidente do Clube de Balonmán Mecalia Atlético Guardés, José Manuel Silva Vicente

Infogauda / A Guarda

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, recibirá este xoves, 20 de xullo, á Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, e ao presidente do Clube de Balonmán Mecalia Atlético Guardés, José Manuel Silva Vicente, para tratar as accións prioritarias a acometer no pavillón da Sangriña.  

 O rexedor municipal trasladará a Marta Míguez a necesidade de levar a cabo as obras de ampliación e reforma do pavillón, cuxo proxecto xa está a ser redactado dende a Deputación de Pontevedra, e que xunto coas actuacións de urxencia contribuirán á mellora desta instalación deportiva. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario