26 de xul. de 2017

A GUARDA

“Noites no Castelo” e Pistactiva: éxitos da man da música galega e o espectáculo circense na nosa vila  

O dobre concerto de “Noites no Castelo” e o espectáculo circense da man de Circo Chosko e IslaLetriska foron dous dos pratos fortes da programación cultural deste verán


O gaiteiro Xosé Manuel Budiño e súa banda, abriron esta edición das Noites no Castelo


Mercedes Peón compartiu esceario con Xosé Manuel Budiño e súa banda

Infogauda / A Guarda


 Preto de 2.000 persoas acudiron á fortaleza guardesa o pasado sábado, 22 de xullo, para o dobre concerto ofertado no marco do xa tradicional “Noites no Castelo”. O espectáculo comezou pasadas as 22:00 horas na Fortaleza de Santa Cruz, coa actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, ao que se uniu a cantante Mercedes Peón como convidada especial, para interpretar algunhas das pezas do concerto, que se enmarca na xira “Paralaia” 20 Aniversario do músico moañés.  

Susana Seivane e súa banda, e como gaiteiro convidado Iago Bouzada

Susana Seiva e o gaiteiro Iago Bouzada

Susana Seivane coa súa banda, e como convidada súa a xoven gaiteira Nadia Vázquez, de Camposancos (A Guarda)


A imaxe amosa á impresionante asistencia do respectable público que non quixo perderse esta edición das “Noites no Castelo”

 O fío da media noite, a gaiteira Susana Seivane tomou o testemuño do espectáculo, cun repertorio de cancións propias e tradicionais, que animou aos espectadores introducindo elementos sorpresa. Así, por exemplo, incorporáronse a ela artistas como a gaiteira guardesa Nadia Vázquez, de Camposancos, e o pequeno Iago Bouzada, un virtuoso da gaita aos seus 9 anos. Seivane puxo o broche de ouro a unha noite dedicada á música galega e á súa tradición.   


Isla LeTriska na súa actuación

 Para celebrar o día de Galicia, o dobre espectáculo circense Pistactiva convocou onte a pequenos e maiores no Auditorio de San Bieito onde, chegadas as 20:30 horas e coas prazas totalmente ocupadas, deu comezo a función.


Así estivo onte á tardiña o Auditorio ao aire libre San Bieito 

 Isla LeTriska combinou os malabares co humor ao máis puro estilo clown, mentres Circo Chosko amosou as súas habilidades acróbatas e no trapecio, sen deixar ao marxe as súas capacidades humorísticas. Ambos cativaron ao numeroso público, de preto de 400 personas, cun espectáculo participativo e moi divertido. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario