9 de xuño de 2017

PONTEVEDRA

CINCO COLEXIOS DA ÁREA DE VIGO PERCORREN A EXPOSICIÓN ‘IMAXINAR A EDUCACIÓN.50 ANOS CON FRATO’   

A mostra pechará este domingo tras unha grande acollida entre a comunidade escolar e o público xeral  

Alumnos do CRA Antía Cal de Gondomar, na exposición ‘Imaxinar a educación.50 anos con Frato

Infogauda / Pontevedra

 A exposición ‘Imaxinar a educación.50 anos con Frato’ que a Deputación de Pontevedra abriu o pasado 28 de abril no Pazo da Cultura sobre a traxectoria e as viñetas de FrancescoTonucciencara xa a súa recta final. O último día para visitala será este domingo día 11 en horario de mañá. 
  
 A mostra está a resultar todo un éxito  e xa a mediados de maio xa superaba os 4.000 visitantes, cifra na que se contan tanto as visitas concertadas cos colexios de toda a provincia como tamén as realizadas de xeito libre por grupos, asociacións, entidades e veciños e veciñas de Pontevedra e outros concellos contou nestes últimos díascoa participación de grupos doCEP Pedro Caselles –Tomiño-, CRA Antía Cal de Gondomar, CEIP Otero Pedrayo de Vigo, CEIP Santa Mariña Becerreira Cabral de Vigo e do CEIP Plurilingüe de Guillarei, de Tui.   

 En total, pasarán pola exposición –de xeito concertado- 57 centros educativos de 24 concellosda provincia e outras localidades do país, estando adheridos dezdelesaoproxecto ‘Cidadesdas nenas e dos nenos’ de Francesco Tonucci, que propón que os espazos públicos se deseñe ná medida das crianzas para que sexan válidos para o resto dos cidadáns. 

 A exposición ‘Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato’ fai un percorrido polas viñetas máis representativas de Francesco Tonucci –asinadas co seudónimo de Frato dende hai 50 anos-, que aportan unha visión do mundo moi crítica a través dos ollos das crianzas. Ao mesmo tempo ofrece un grande espazo de xogos e obradoiros para que nenos e nenas desenvolvan libremente a súa autonomía, intelixencia, creatividade e a súa capacidade para aprender e construír: hai un obradoiro de bicicletas, un para crear figuras de construcións, un espazo de xogos tradicionais, un área de natureza para facer experimentos e incluso zonas de teatro e debate abertas a todos os visitantes. O que se busca, principalmente, é a interacción cos visitantes. 

 As últimas oportunidades para visitar a mostra, que é de balde, serán hoxe de 17 a 20 horas, mañá sábado de 11 a 13.30 horas e de 17 a 20 horas e o domingo de 11 a 14 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario