9 de xuño de 2017

A GUARDA

NOVA SESIÓN DE “CINEMA DOS COLES”   



Infogauda / A Guarda

 Desde o Concello de A Guarda, a Concellería de Cultura da conta que durante esta semana, diferentes colexios da Guarda pasaron polo Centro Cultural para desfrutar do cinema infantil, dentro da iniciativa “Cinema dos coles”, unha das actividades de colaboración que os centros escolares e a Concellería de Cultura do Concello están levando a cabo ao longo do curso escolar. Neste caso, búscase achegar actividades lúdicas, coma o cinema, no tempo escolar.  

 A Concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, relembra que no segundo trimestre xa tivera lugar o primeiro pase destas sesións. Nesta ocasión, os alumnos e alumnas dos centros CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP A Sangriña, CEIP As Solanas e o Colexio Padres Somascos, visualizaron a película infantil “Tiana y el sapo”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario