25 de xuño de 2017

O ROSAL

O ROSAL SUMOUSE A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO IOGA  



A clase foi dirixida pola profesora, Samantha Fernandes Rodrigues
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Rosal sumouse  á celebración do Día Internacional do Ioga cunha clase aberta a todas as persoas que quixeron participar desta práctica física, mental e espiritual de tradición antiga e orixinaria da India. 

 A clase foi dirixida pola profesora, Samantha Fernandes Rodrigues, que desde de setembro de 2016 imparte clases de ioga no Rosal. 

 Foi en  decembro de 2014 cando a  Asamblea Xeral da ONU decidiu proclamar o solsticio do 21 de xuño, como Día Internacional do Ioga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario