25 de xuño de 2017

O ROSAL

XXV FEIRA DO VIÑO DO ROSAL
Os días 14, 15 e 16 de xullo, 2017
Festa de Interese Turístico




Infogauda / O Rosal


 A organización da Feira do Viño do Rosal deu a coñecer o cartaz súa XXV edición, que terá lugar na Praza do Calvario, os días 14, 15 e 16 de xullo de 2017.

 Neste evento que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Galego, veciños e visitantes poderán disfrutar de tres xornadas de exaltación dos acreditados viños - albariño e Rosal - desta subzoa da D.O. Rías Baixas, que poderemos degustar con saborosos productos do noso mar (percebes, polbo, zamburiñas,...) e da terra (conservas vexetais, pementos do Rosal, mirabeis,...), entre outros, como a rosca de xema de A Guarda.

  A XXV Feira do Viño do Rosal, é un evento perfectamente consolidado, grazas á participación de unha decena de adegas da devandita denominación de orixe, así como polo decidido apoio de tódolos estamentos involucrados no seu desenvolvemento.

  Ademais dos atractivos antes mencionados, a XXV Feira do Viño do Rosal terá tamén outros ingredintes, como exposicións, actividades deportivas, musicais,..., que contribúen a que a Praza do Calvario reciba neses días unha considerable afluenza de público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario