29 de xuño de 2017

MOVEMENTOS SOCIAIS

MANIFESTACIÓN DE EMIGRANTES RETORNADOS MAÑÁ VENRES  EN PONTEAREAS   

A AMNISTÍA FISCAL E A ESTAFA OS EMIGRANTES RETORNADOS, AS DÚAS CHAPUZAS DO MINISTRO DE FACENDA CRISTÓBAL MONTORO DO GOBERNO ESPAÑOL DO PARTIDO POPULAR   

Concentración e emigrantes retornados do Baixo Miño diante da Axencia Tributaria
Foto: Emigrantes Retornados Baixo Miño

Emigrantes Retornados Baixo Miño

 O pasado 8 de xuño (2017) o Tribunal Constitucional ven de sentenciar NULA por inconstitucional a amnistía fiscal ilegal que fixera o Goberno do PP no ano 2012. Unha sentencia que chega tarde, -cinco anos despois- tempo límite para que prescribiran os delitos. Nós xa denunciamos esta amnistía ilegal dende o comezo da nosa loita, e a pregunta que nos facemos é a seguinte: COINCIDENCIA OU COMPLICIDADE? 

 En todo caso o roubado xa é propiedade definitiva dos ladróns, grazas o TC e o PP. Esta foi a primeira das dúas chapuzas (calculadas) que nós denunciamos. A amnistía fiscal que o Goberno Rajoy impulsou e que o TC ven de sentenciar que é ilegal, viola o Artigo 86 da Constitución española. 

 Esta medida extraordinaria para delincuentes de luvas brancas non se podía lexislar por decreto lei, e vostede Sr. Ministro o sabía, sabíao todo o mundo, pero houbo moita presa para salvar a empresarios, políticos, tesoureiros, a realeza, todos amigos,... aí estaba a urxencia, aínda sabendo que era ilegal déronlle o o.k., gústalle a vostede as chapuzas Sr. Ministro. 

 Non aceptamos que siga vostede dicindo que grazas a amnistía fiscal España saíu da crise evitando o rescate. Sr. Ministro o que dí vostede non é certo, o certo é que usaron a crise como escusa para estafarnos e aínda que o repeniquen miles de veces, os feitos son teimudos e demostran todo o contrario, quen saiu do pozo foron os defraudadores. Os emigrantes retornados pensionistas e xubilados caemos na súa emboscada, que nos está causando un dano económico e moral moi importante, a nós e ás nosas familias. 

O PERDÓN ILEGAL DE 2.800 MILLÓNS DE € DA SUA AMNISTÍA FISCAL ESTÁMOLA A PAGAR OS EMIGRANTES RETORNADOS COS CARTOS QUE NOS ESPOLIAN SEN PIEDADE DAS NOSAS MODESTAS PENSIÓNS 

 Sr. Ministro, coa súa amnistía-fiscal-ilegal afloraron a luz 40 mil millóns de € defraudados e tan só recadou 1.200 millóns de €, un gran fracaso. Os máis de 200.000 emigrantes galegos retornados (mil euristas) aportamos máis cartos o fisco en todos estes anos de saqueo que os máis de 600 empresas e 30.000 defraudadores da súa amnistía fiscal ilegal, aínda que se empeñen en ocultarnos os datos e toda a información. As nosas contas son sinxelas, como ás contas da leiteira, levamos 9 anos obrigados a cotizar, (2008-2016), os máis de 200.000 emigrantes galegos, mil euros por cabeza, recadación 200 millóns de € ano, multiplicado por 9 anos cotizados, temos un resultado total de 1.800 millóns de €, bastante máis do que vostede recadou coa amnistía fiscal ilegal.

PLAN DE REGULARIZACIÓN E A LEI 26/2014 DA REFORMA FISCAL DO PP 

 A outra gran chapuza cometérona vostedes cos emigrantes retornados pensionistas e xubilados metendo en marcha o “PLAN B” (a súa especialidade), o Plan de Regularización do PP e a continuación pecha vostede o círculo, coa Lei 26/2014 da Reforma Fiscal (anos 2013-2014). Unha reforma fiscal que non reforma nada, só lles permite a vostedes legalizar a ilegalidade que están a cometer cos emigrantes retornados, e ábrelle a porta que vai permitir a estafa legal/ilegal dos cartos das nosas pensións de por vida, e que nós bautizamos con moito acerto o Plan Montoro e que xa sabe vostede moi ben que o rexeitamos por discriminatorio.

 Unha chapuza máis, como lle gusta a vostede, sen ningún tipo de información, da noite para a mañá, por sorpresa e con abuso de poder, multas, sancións, xuros, miles de euros, dez días de prazo para pagar e senón embargo de béns e contas bancarias, alfombra vermella para os delincuentes-defraudadores e man de ferro para os emigrantes retornados. 

 Sr. Ministro sabe vostede moi ben que España non nos da nada, ás nosas pensións gañámolas traballando en países estranxeiros e cotizando sempre os nosos impostos, que son os que nos dan o dereito a cobrar ás pensións e que chegan todos os meses coa luz do día, vía bancaria, cartos que chegan o Estado español limpos de pó e palla e seguimos creando riqueza. Nós non somos un problema, o problema son vostedes. Catro anos de loita, mobilizados polas rúas do país, concentracións, manifestacións, propoñendo cambios e modificacións da lei tributaria e solicitando xustiza e igualdade nas institucións, parlamentos galego, español e europeo, para tratar de rematar coa discriminación a que estamos sendo sometidos e que non chega, por que o PP non quere. Estamos fartos Sr. Ministro, hai moito enfado, enfurruñamento, rebote, crispación, Urdangarín, Infanta. 

 A IN-XUSTIZA 
 Transcorridos catro anos, como non chega unha solución definitiva ao noso conflito co fisco dos máis de 200.000 galegas e galegos e polo que esiximos a dimisión do Sr. Ministro de Facenda e Administracions Públicas Cristóbal Montoro como impulsor e responsábel da amnistía fiscal do Goberno de Mariano Rajoy e que o Tribunal Constitucional declarou ilegal. E tamén como impulsor e responsábel da Lei 26/2014 da Reforma Fiscal e da Regularización do PP (Plan Montoro) para espoliar as pensións dos emigrantes retornados, e que nós non recoñecemos, mentras non de modifique a Lei 35/2006 do IRPF que nos discrimina no pago dos tributos, tendo que pagar por idénticos ingresos máis que calquera outro contribuínte do Estado, vulnerando a Constitución e Carta dos Dereitos Humanos.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario