29 de xuño de 2017

LABORAL

A práctica totalidade do cadro de persoal de GKN en Vigo secunda os paros convocados para reclamar un convenio digno  
Nas dúas primeiras quendas só entraron a traballar tres técnicos/as

Traballadores/as de GKN concentrados/as ás portas da fábrica no polígono de Balaídos.
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
A folga convocada na empresa GKN Driveline de Vigo para reclamar un convenio colectivo digno, está a ter un seguimento prácticamente total por parte dos traballadores/as, xa que nas dúas primeiras quendas unicamente entraron a traballar tres técnicos/as. Os paros na compañía da automoción, que emprega a 980 persoas no polígono de Balaídos, desenvólvense durante dúas horas ao inicio de cada quenda nos seguintes horarios:
-Na de mañá, de 6:00 a 8:00 horas. 
-Na central, de 7:45 a 9:45 horas. 
-Na de tarde, de 14:00 a 16:00 horas. 
-Na de noite, de 22:00 a 24:00 horas.
O persoal de fin de semana parará o sábado de 6:00 a 8:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

Ningún comentario: