8 de xuño de 2017

LABORAL

Residencia Salvaterra 

Concentración da CIG, diante do centro xeriátrico de Salvaterra de Miño, en apoio do personal da Residencia Salvaterra  
Foto: CIG

 Neste centro traballan na actualidade sete auxiliares na quenda de mañá, sete na de tarde e dous na de noite. Atenden a 106 residentes, moitos deles encamados, tendo cada auxiliar menos de quince minutos para erguelos, asealos e vestilos.  

 So unha enfermeira por quenda.  

 Unha soa cociñeira fai menús, atende pedidos e cociña o xantar dos 106 residentes. Dúas limpadoras tocan a 53 camas cada unha en sete horas!!  

 Profesionais con xornadas extenuantes atendendo a persoas dependentes que merecen máis do que elas lle poden dar. 

 Traballos que son pagados con menos de mil euros, nóminas mal calculadas,  polas que hai que esperar ata o día sete o oito do mes. Ben seguro que os residentes pagan ben e na hora!!  

 Lonxe de agradecer e de coidar destas profesionais, a empresa da familia Ibáñez sabedora do medo que o día de hoxe supón perder un posto de traballo exerce sobre o seu persoal un acoso que non ten limite.  

 Despide e acosa, leva persoas ata a baixa médica por depresión, simplemente porque manifestan ter dereitos.  

 A CIG ten interpostas denuncias diante da autoridade laboral e no xulgado. Pelexará pola readmisión das despedidas, chegará ata onde sexa necesario e pedíralle á Consellería que revise a concesión e esixa unha boa xestión dos nosos recursos.  

 Solicitamos das familias e dos residentes apoio ás mulleres que atenden aos seus, e que xunto con nos esixan un bo trato ás traballadoras que con seguridade mellorará o benestar dos internos.  

 O acoso laboral limita a calidade asistencial!

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario